Yeah!! A Costa anímase con isto da música. Se o Bar Praia do Ézaro está constantemente con apostas musicais, volve aquel mítico local do Quenxe corcubionés. "A Cola da Rá", do Restaurante As Hortensias de Corcubión, acolle para a noite do sábado 13 de febreiro un Encontro musical moi especial. Nel participarán dous dos grupos que ensaian no Local de Ensaio de Corcubión, demostrado que hai unha nova formada musical na Costa. E forneando abrirán o encontro, arredor das 23:30h, os Bakin´Blues, que xa actuaran o ano pasado ante unha morea de xente (podedes ver mesmo un vídeo dos Bakin na Cola da Rá). Banda que chega dende a cabalo dende Sardiñeiro e Santiago DC, pero que xa son habituais das súas noites máxicas no Rodín e demais actuacións. De seguido estarán 251 Quintet, unha proposta en clave de jazz dende Pamblona e Compostela. Ademais, e xa confirmados actuarán tamén a Seaside Band, banda corcubionesa de blues-country. E antes pechar a noite actuarán os corcubioneses Jas Butano, xa Residentes no garito. Os Drok, Marcote, Javi Turnes e Marcos Trillo traerannos grandes clásicos do reagge máis roqueiro. Porque o peche serán os propios espectadores os que pechen a noite, cunha Jam Sesssion, ou unha repichoca ao máis puro estilo norteamericano. A entrada costará 4 euros, e inclúa unha caña. Máis información Novas relacionadas Máis novas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|