Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O paro sobe de novo en 13 dos 14 concellos da Costa  Correo-e
jueves, 04 de febrero do 2010
Malas novas laborais na Costa da Morte. Segundo o informe da UPD Pacto de Emprego da Costa da Morte o paro aumenta por terceiro mes consecutivo e segue rexistrando máximos históricos. Aumenta o paro en todos os concellos, agás en Malpica (no que os datos dos dous últimos meses dan un balance claramente negativo). Así, en cifras xerais, xa son 6.479 persoas que buscan traballo nos 14 concellos da bisbarra que analizamos en QPC. Así, tomando datos conxuntamente co último mes do pasado 2009, son máis de 600 persoas (un aumento do 4,22%) as que perderon o traballo nestes dous meses

Análise por Concellos

 Image

En Malpica é o único concello no que baixa o paro, pero os datos habería que collelos xunto aos do mes pasado, cando quedaron 75 persoas en paro, polo que as novas non son tan positivas. Dumbría aguanta trala forte subida do mes pasado que deixaba a 56 persoas sen traballo. Na mesma situación atópase Zas. Pero é só Mazaricos o que se mantén por segundo mes consecutivo as cifras.

Pola contra, Camariñas amosa datos preocupantes. 79 peroas perderon o traballo en xaneiro aos que hai que sumar os 17 do mes pasado. Outros concellos como Muxía, Vimianzo ou Cabana, o paro aumenta e aumenta sen visos de mellora.

Variación por concellos

ConcelloParadosVariación sobre o mes anterior
Cabana404+37 (+10,08)
Camariñas750+79 (+11,77%)
Carnota344+19 (+2,93%)
Cee818+29 (+3,68%)
Corcubión140+11 (+8,53%)
Dumbría320+1 (+0,81%)
Fisterra493+27 (+5,79%)
Laxe332+9 (+2,79%)
Malpica 505-14 (+2,70%)
Mazaricos303+3 (+1,00%)
Muxía540+33 (+6,51%)
Ponteceso445+6 (+1,37%)
Vimianzo671+33 (+7,97%)
Zas405+1 (+0,25%)
TOTAL6.479+274 (+4,22%)

Por sectores

Image 

O desemprego só experimentou un descenso durante este mes de xaneiro de 2010 no Pacto para o sector da industria, no que se reducíu o paro rexistrado o 1,48%fronte ao maio rincremento, do 12,98%, rexistrado no sector primario.

Por comarcas

Image 

As 5 comarcas que integran o Pacto sufriron un aumento do paro. O maior incremento intermensual dase na Comarca de Soneira (6,60%), que duplica a media do Pacto. Observando a variación interanual destaca a Comarca de Xallas, a única que rexistrou un descenso do desemprego respecto a xaneiro do 2009 (o 1,73%). Soneira, Bergantiños e Fisterrar existran maiores incrementos interanuais que a Provincia da Coruña e Galicia.

Informes do paro

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do equipo da UPD "Pacto territorial de emprego Costa da Morte".
    • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com