|

A Costa da Morte será protagonista no Forum Gastronómico de Santiago, que se celebrará en Compostela entre os días 20 e 24 deste mes. O día 21, ás cinco e media da tarde, celebrarase un taller, no que se elaborarán distintos pratos con productos Slow Food Galicia, dos que dous son da Costa da Morte: a centola de Lira (Cofradía de Lira) e o porco celta, do que xa vimos a pasada fin de semana ao Larpeiro de Antelo, o criador corcubionés. A oferta completarase con algunha receita de millo corvo, de Bueu. Da eleboración dos pratos encargarase o chef Canas, e da maridación dos mesmos con mencías e ribeiros un sumiller coordenado pola firma Distribucións Guimareu. Durante o obradoiro, ademais de explicar as receitas e a maridaxe, os productores farán unha presentación do producto, ao tempo que se dará a coñecer a filosofía do movemento mundial Slow Food. Paquetes gastronómicos A última parte do taller estará adicada á presentación dos paquetes turísticos gastronómicos elaborados pola Asociación de Turismo da Costa da Morte (APTCM). Precisamente, en varios deles son protagonistas o porco celta e a centola, productos Slow Food. Para a comercialización destes paquetes estase a crear unha Central de Reservas, ao tempo que se pode recibir información dos mesmos no correo electrónico
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
, ou no teléfono 981 568 521. Novas relacionadas Fonte
|