Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Un ferido leve nun accidente en Cabana  Correo-e
jueves, 04 de febrero do 2010

Image

Un home resultou ferido leve logo de sufrir un accidente de tráfico na tarde de onte, mércores 3 de febreiro de 2010, na estrada AC-430 que une Ponteceso e Baio, na zona de O Balado, no termo municipal de Cabana de Bergantiños.

O suceso acontecía sobre as 16:45h e nel víronse implicados tres vehículos. Segundo puidemos saber, unha furgoneta dunha empresa de reparto que ía en dirección Ponteceso dispúñase a xirar á esquerda, cara o camiño do campo de fútbol, cando un Peugeot 306 que circulaba en direción Laxe embestiuna. O terceiro vehículo afectado foi un Renault que ía tamén cara a Laxe e colisionou  contra a parte traseira do outro turismo.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Cabana, así como unha ambulancia. Afortunadamente só houbo que lamentar un ferido leve, o ocupante do Peugeot 306, que sangraba por unha perna e presentaba fortes dores no pescozo, polo que foi trasladado polos servizos sanitarios ao PAC de Ponteceso. O tráfico entre Ponteceso e Baio ou Laxe tivo que ser desviado durante dúas horas pola parroquia de Cesullas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Fran Lago para QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Luís Rivera, Policía Local de Cabana.
  • Protección Civil de Cabana de Bergantiños.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com