Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Laconada e San Valentín na Costa polo entroido  Correo-e
jueves, 04 de febrero do 2010

Image

As propostas para o entroido na Costa da Morte son ben variadas. Para este entroido hai varias propostas interesantes, como a que nos ofrece o Restaurante Insua de Cee. Alí celebran un ano máis a súa popular Laconada de Entroido. Como ven sendo habitual, para este acontecemento botouse man das receitas máis tradicionais e recurridas da cociña galega; esas receitas que se veñen degustando dende hai xa moitos anos da man das nosas avoas e que foron coidadosamente seleccionadas polas cociñeiras do Insua.

O menú deste ano fará as delicias dos máis larpeiros e larpeiras cunha laconada composta de grelos, orella, cacheira e chourizos. De postre serviranse orellas e filloas, café e chupitos. Como non podía ser doutro xeito, non faltará o viño tan propio destas datas e acompañante imprescindible calquer boa laconada galega que se precie.

A xa enraizada cita gastronómica terá lugar este ano do 12 ao 21 de febreiro e o prezo será de 18,00 € por persoa. Información e reservas: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou no 981 74 75 75.

Namórate na Costa da Morte

Outra proposta, esta xa para concretamente a fin de semana de entroido enfocado ao Día dos Namorados. Dende a Central de Reservas da APTCM ofrécese unha fin de semana inesquecible, co que sorprender á túa parella nunha contorna deses que si namoran. Habitación exquisitamente decorada, cava e froitas, a mellor gastronomía e unha ampla carta de masaxes... Todo o para namorar definitivamente.

O venres recibiranche con cesta de froitas e cava na habitación. O sábado inclúe almorzo, Carta de masaxes (chocolaterapia ou hidrojet) e unha Cea romántica con Ameixas mariñeiras, Vieiras, Arroz con bogavante, Sobremesa, café, chupito e albariño. Con entrada incluida para para a discoteca Zona Cero. O domingo hai almorzo e visita ao Mercado de Cee.

Todo por 115,00 € por persoa. Podes reservar xa no 981 74 75 75 ou Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver .

Máis información

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com