|
Camariñas axuda ás asociacións a pedir subvencións |
Correo-e
|
|
jueves, 04 de febrero do 2010 |
|

O día 17 de febreiro remata o prazo para inscribirse no Curso Práctico de Xestión de Asociacións organizado pola Área de Igualdade, co obxectivo de dotar as persoas participantes das ferramentas necesarias para levar a cabo a xestión das súas entidades. Dende este curso e a Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas prestarase apoio, asesoramento e tutorización para realizar a solicitude e os proxectos non produtivos das liñas de axudas xestionadas polo GDR e polos Grupo de Acción Costeira Costa da Morte. O curso será eminentemente práctico e trataranse nocións básicas de creación e lexislación de entidades, confección de proxectos e solicitude de subvencións, conceptos contables na xestión de entidades sen ánimo de lucro… O curso terá unha duración de 10 horas formativas, e realizarase a última semana de febreiro e a primeira de marzo. As persoas interesadas en participar deberán poñerse en contacto coa Técnica de Igualdade do concello, na Casa de Pedra ou no Tlf: 981 737 004. Máis información Novas relacionadas Máis novas Fonte - Nota de prensa da Concellería de servizos Sociais, Igualdade e Saúde do Concello de Camariñas.
|