Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A mocidade do IES de Ponteceso celebrará o 175 aniversario do nacemento de Eduardo Pondal   Correo-e
jueves, 04 de febrero do 2010

Image

A mocidade do IES de Ponteceso será a verdadeira protagonista na próxima celebración do 175 aniversario do nacemento do bardo Eduardo Pondal. Durante a mañá do vindeiro luns, eles serán os principais culpables para que toda a sociedade galega non esqueza que un 8 de febreiro de 1835 un neno chamado Eduardo María naceu na “pequena Ponteceso” e que se bautizaría dous días máis tarde na igrexa parroquial de San Tirso de Cospindo (na imaxe). 

Esta proposta na que participan xurdiu da colaboración entre o Equipo de Normalización  e Dinamización Lingüística do IES de Ponteceso que coordina Eva Mª García Reino e a Fundación Eduardo Pondal. Amais dos alumnos, na súa programación participarán tamén dous dos membros do patronato da Fundación Eduardo Pondal: Luís Giadás e José María Varela. O párroco de Cospindo, José Manuel Varela, e un familiar do propio poeta colaborarán tamén nalgunha das sesións.  

A presente inicitiva de lembranza do nacemento de Pondal terá como motivo esencial realizar un percorrido polo territorio máis íntimo da súa nenez: aquel que o conduciu desde a súa casa natal ata a pía bautismal. Os versos, a historia local, a música de gaita e violín, os espazos que andou o poeta pola súa morada, a paisaxe poética, o himno galego, varias ofrendas florais e a presenza de Pondal nas novas tecnoloxías enriquecerán este paseo pedagóxico matutino do alumnado asistente. 

Programa

Image 

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal, da man de Xosé Manuel Varela.
  • Fotografía de Ponteceso.net.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com