Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Pola recuperación do entorno da Fervenza da Brixería  Correo-e
jueves, 04 de febrero do 2010

Image

Volve o PSOE pontecesán a lembrar a necesidade de preparar o contorno da Fervenza da Brixería. De feito, a problemática xa chegou ó Parlamento de Galicia. O Grupo Socialista no Parlamento Galego agarda que sexa a Xunta a que teña sensibilidade polas nosas necesidades de emprego e promoción turística, unha sensibilidade da que, segundo o grupo opositor, carece o Goberno local de Ponteceso.

O Grupo Parlamentario Socialista, acodíu ao Parlamente unha vez que as súas mocións locais para a recuperación do entorno foran desestimadas polo goberno municipal. A idea é que "o Parlamento insta á Xunta de Galicia a acometer a rehabilitación do contorno natural da fervenza de Brixería-Cerezo, no concello de Ponteceso, dos seus accesos e dos espacios que faciliten a súa contemplación e disfrute, e a súa promoción como valor turístico”.

Accesos imposibles

Esta espectacular fervenza é imposible observala, pese a atoparse a unha decena de metros da estrada que une Ponteceso con Corme, porque non hai nin un só sinal, ningún folleto, ningunha iniciativa que promocione o inmenso patrimonio natural e turístico que o municipio de Ponteceso ten.

Preto da fervenza de Brixería estase a desenvolver un proxecto hoteleiro de primeira categoría que inclúe a rehabilitación de vellos inmobles e unha oferta hostaleira e gastronómica para clientes de alto poder adquisitivo. Convivindo con este proxecto, no seu contorno, fica a fervenza de Brixería abandonada e illada entre camiños impracticables e agochada dos ollos dos que buscan a natureza como alternativa o turismo de masas e de mochila.

Paraxe espectacular

“A fervenza de Brixería é un espectáculo natural dunha beleza extraordinaria que se atopa a menos de dous quilómetros do centro urbán de Ponteceso. Este espectacular patrimonio natural está inmerso nun espacio que comprende as marismas do Anllóns, o sistema dunar de Monte Branco e a desembocadura do Anllóns. Próximos están as costas farturentas do Roncudo, as míticas Illas Sisargas ou o santuario de San Hadrián do mar que fixo fuxir as serpes que asolagaban as terras de Bergantiños, avogoso para curar as verrugas e para os males da alma e do espírito pero, e sobre todo, para os ollos que miran mais aló de onde morre o sol. Por si non fose suficiente, todo iso forma parte dunha vila asociada a nosa cultura e as nosas sinais de identidade por canto nela naceu Eduardo Pondal e, moi preto, fican as pegadas das tribos que habitaron na Cibdá de Borneiro ou no Castro de Dombate. Estamos a falar dun entorno mítico enclavado nun lugar mítico: a Costa da Morte".

Máis información

Novas relacionadas

  • O PSOE de Ponteceso segue pedindo a recuperación da fervenza da Brixería.
  • O PSdG de Ponteceso reivindica a fervenza da Brixería-Cerezo.
  • O PSOE pontecesán volve a carga contra o alcalde.
  • Fonte

     
     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com