|
O BNG corcubionés denuncia que o Centro de Día tardará 2 anos |
Correo-e
|
|
jueves, 04 de febrero do 2010 |
|

Volve á palestra o Centro de Día corcubionés. Segundo denuncia o BNG local, o PSDG non aprobou unha nova partida para o centro do Fondo Estatal de creación de Emprego e Sostibilidade (FEESL)no último pleno celebrado o pasado luns 1 de febreiro. Para o BNG, este feito demostra unha "clara falta de vontade política" para levar a cabo un proxecto que partíu da oposición, e deste xeito, "o pobo terá que agardar varios anos polo servizo". O Pleno aprobaba a 2ª fase de construción do Centro de Día no antigo asilo “Emilio Alonso”. O alcalde, pero PP e PSOE non quixeron destinar "todos os fondos do FEESL para rematar este ano o demandado Centro de Día, o que impedirá abrir as portas deste servizo antes de dous anos", segundo o BNG. O portavoz nacionalista, Oscar Insua declarou que “O alcalde non quere rematar o centro de día, porque foi grazas á iniciativa do BNG o feito de que xa comezaran as obras. E que nin sequera se molestou en solicitar axuda á Xunta de Galiza”. O edil engadiu que “O alcalde prefire facer obras de parcheo polas portas, e metendo faroliñas, cunha vontade claramente caciquil e clientelar ”. Novas relacionadas
Fonte - Nota de prensa do BNG de Corcubión.
|