|

Agora que se puxo de moda este termo a través do entrenador do Real Madrid esta tempada, cal mellor para definir o que sucedeu nesta penúltima xornada ligueira na liga norte xuvenil. Aínda que o gran favorito para conquistar o título antes de disputarse a xornada era o sempieterno líder Bergantiños, poucos eran os que crían que o Zas non lle obligase a derramar a última gota de sudor ao conxunto de Carballo. O perseguidor descolgouse cando quedaban escasos minutos para a chegada, facendo que esta sexa un pouco máis levadeira do esperada para os das Eiroas.O Zas pinchou co Coristanco, quedando así a tres puntos dun Bergan que fixo os deberes en Camariñas. Tan só un miragre, ou incluso máis que eso, podería facer que o Zas se acabe levando esta liga. Partindo así dun respeto máximo hacia o equipo de Severino, felicitar dende aquí a un Bergantiños que liderados polos Rodrigo, Adra ou Trigo deu un paso máis na sua loita por tentar poñer aos seus equipos en categorías superiores. En canto ao que sucedeu tanto en Camariñas como en Zas, o Bergantiños gañou con certa comodidade ante un conxunto que acabou con 10, e o Zas non puido pasar do empate ante o mataxigantes Coristanco. Respecto as outros partidos, sen sorpresas: o Soneira gañou pola mínima ante un bo Muxía; o Baio, con novo gol de Valentín, segue mostrando a súa gran melloría vencendo a un debilitado Corme; e o Porteño gañou fácil na casa ante un Malpica que segue caendo en picado. Por último, recordando a enquisa que se realizou a un xogador de cada equipo unha semana antes de comezar a liga, o resultado era o seguinte: "Analizando as respostas dadas polos xogadores aos que se lle realizou a enquisa cabe destacar a gran ambición que mostran a maioría deles, demostrando que están dispostos a todo por acadar o título. Con todo isto, parecen ser o Bergantiños e o Zas os que parten coa vitola de favoritos, seguidos dun Soneira e dun Muxía que son vistos como rivales bastantes fortes". - Jose De la Sierra (delasierra[arroba]quepasanacosta.com).
Novas relacionadas Crónicas das Ligas Xuvenil Análise das Ligas Xuvenís Máis novas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|