|
As rapazas das EB de Zas melloran en defensa |
Correo-e
|
|
jueves, 04 de febrero do 2010 |
|
Mala xornada para as Escolas de Baloncesto de Zas. A inexperiencia está facendo mella nas rapazas da Costa e os últimos resultados non son os mellores. Pero o equipo zaense segue traballando con ilusión e valentía. E melloran, como sinala Joaquín Moreira, melloran continuamente e esta semana amosaron unha mellor disposición defensiva. Cadete feminino - Resultado: AS TORRES MARIA PITA, 65 - EB CONCELLO DE ZAS, 32
- Parciais: 18-2; 14-13; 14-3; 19-14
- EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 15 ptos; Nerea, 2 ptos; María, 1 ptos; Elena, 4 ptos; Carlota, 4 ptos - quinteto inicial - Cristina, 0 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 6 ptos.
2º partido da 2ª volta, unha 2ª volta onde o equipo de Baio tiña dos obxectivos marcados en cada encontro: aumentar a súa puntuación con respecto ó partido de ida, e que o equipo contrario non consiga chegar, e menos superar, a puntuación do partido de ida. Neste segundo encontro conseguiose o primeiro obxectivo (sumar mais puntos que na ida) pero non así o 2º xa que o resultado no partido de ida fora de 24-46. Un primer e terceiro cuarto moi desafortunado no acerto no tiro a canastra permitiu o equipo de María Pita marcharse no marcador para ter un partido cómodo, en canto a resultado non así en canto a xogo. Moi boa actitude en defensa das xogadoras de Baio a pesar do marcador, e en ataque boas sensacións a pesar do pésimo porcentaxe no tiro. Destacar neste senso que, pouco a pouco, case todolas xogadoras consiguen anotar e aportar puntos para a anotación do equipo nestes últimos partidos. Alevín - Liga Comarcal - Resultado: EB Concello de Zas, 26 - CB Artai A, 60.
Benxamín - Liga Comarcal - Resultado: EB Concello de Zas, 10 - CB Artai, 20
Vindeira cita Cadete feminino - Liga Provincial 10ª xornada - EB Concello de Zas - Monte das Moas BCA, o domingo 7 de febreiro ás 17:00 no pavillón municipal de Baio .
Infantil masculino Liga provincial 2ª División - 7ª xornada - EB Concello de Zas-Suspendida a xornada.
Alevín - Liga comarcal - 6ª xornada - ACB Costa da Morte - EB Concello de Zas, o sábado día 6 ás 11:55 no IES Parga Pondal
Benxamín - Liga comarcal - 6ª xornada - Artai C-EB Concello de Zas, o sábado día 6 ás 10:50 no IES Parga Pondal
Máis información Crónicas anteriores Fonte - Notas de prensa da man de Joaquín Moreira.
|