Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Xornada completa con toda a familia no volei costeiro  Correo-e
jueves, 04 de febrero do 2010

Image

Nova xornada dos euqipos de volei da Costa da Morte, na que se acadaron resultados dispares. Unha semana que servíu ademais para que os máis pequenos, alevíns e benxamíns, comezaran a súa competición. Agora xa están todos os equipos da zona en plena competición. Ademais, os pequenos estreáronse con vitoria.

Liga Galega - Cadete feminino

As cadetes da Liga Galega do Volei Dumbría venceron ás Calasancias nun partido moi disputado. O apretado resultado final de 3-2 (16-25 / 26-24 / 25-12 / 19-25 / 15-8) demostra que non foi un encontro fácil para as dumbriesas. As rapazas atópanse 4ª tras 2 encontros disputados desta 2ª Fase.

Liga Galega - Cadete masculino

En cambio os cadetes do Dumbría perderon ante o Vigo por un rotundo 0-3 (22-25 / 24-26 / 19-25). Dúas derrotas en sendos encontros deixan aos dumbrieses de 5º na táboa da 2ª Fase.

Liga Galega - Infantil masculino

Idéntico resultado colleitaron os infantís do Manuela Rial ante os vigueses 0-3 (22-25 / 16-25 / 17-25). Os pequenos ceenses están de 3º, a unha vitoria do CV Vigo.

Liga zonal - Xuvenil Feminino

Nas ligas zonais, houbo de todo. As xuvenís do Dumbría caían ante o Ames por 0-3 (17-25 / 18-25 / 22-25). As rapazas cadetes quedaron 4ª tralos 10 encontros xogados, con 2 vitorias e 8 derrotas.

Liga zonal - Infantil feminino

Vitoria das infantís do Manuela Rial ante o Ames por 0-3 (6-25 / 15-25 / 16-25).

Debú dos máis pequenos

A nova máis destacada da semana foi o debú na competicion dos benxamíns e alevíns do Manuela Rial. Xogaron sendos ante Boiro consiguiendo sendas vitorias en todos os seus enfrentamentos.

Vindeira cita

EQUIPO RIVAL CATEGORIA FECHA HORA LUGAR
VOLEIBOL DUMBRIA CV OURENSE CADETE MASCULINO 06/02/2010 10:00 O POMPEO (OURENSE)
MANUELA RIAL CV OURENSE INFANTIL MASCULINO 06/02/2010 11:30 O POMPEO (OURENSE)
VOLEIBOL DUMBRIA CV RIBEIRA SACRA CADETE FEMENINO 06/02/2010 16:00 P M PINGUELA (MONFORTE)

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Clube Voleibol Dumbría da man de Gurutz Larrañaga, e das Escolas de Baloncesto de Zas da man de Joaquín Moreira.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com