Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Temos novo lider  Correo-e
jueves, 04 de febrero do 2010

Image

Temos novo líder na categoría, o Dumbría B. Quen no lo ía dicir vendo a traxectoria que levaba o Buño. Os de César Ferrío golearon ao Coristanco e aproveitaron a derrota no desconto dos de Pablo para colocarse líderes.
A derrota do Buño foi perante outro dos gallitos da categoría, o Clube do Mar. Segundo me contaron, foi un partido vibrante e moi intenso, que se resolveu no desconto cun gol do ex dianteiro do Soneira Tonecho. Con esta vitoria colocanse os de Caión a tan só 1 punto do Corcubión, que nesta xornada vencía por tres goles a un o filial muradán. E xa o dixen a semana pasada, é de eloxiar a traxectoria dos de Senra, con traballo e sobre todo con moito oficio sobre o campo auparonse a postos de ascenso e ademais sen facer moito ruído.

Seica agora xa podemos dicir con firmeza que entre os 4 primeiros son os que van loitar polo ascenso. Tamén anda por aí o Mazaricos, que este domingo vencía  a domicilio en Outes, pero aínda está a 10 puntos do ascenso e teno moi difícil vendo a regularidade dos de arriba. Este Mazaricos aseméllase probablemente ao que quería Raúl Periscal dende o inico de tempada pero non puido ser e a reacción chega un pouco tarde. Outro ano será.

Ata fai ben pouco o Cabana era un serio aspirante ó ascenso. Ademais estivo en postos de ascenso durante varias xornadas, pero varios pinchazos en partidos, a priori, fáciles para eles, deixaron puntos atrás que pecharon as súas posibilidades. Pero este ano vaille valer como experencia para próximas tempadas, e de seguro que chegrán moitos éxitos.

A semana pasada comentaba o desánimo que vin no plantel do Muxía. E vendo o resultado desta semana e máis evidente, s ecabe. Fáiseme raro ver que o Muxía perda na casa, co que tamén hai que darlle o seu mérito ao Alcaián, que tamén do seu campo fai un fortín.
Tamén se fai raro ver ó Corcoesto con tan poucos puntos. O normal para eles sería a estas alturas da competición ter sobre 30 puntos, pero algo debeu pasar esta tempada que non está a ser o Corcoesto doutros anos. Sen ir máis lonxe, este domingo caía fronte o Nantón, que terá que esperar outro ano para loitar polo ascenso.

Por último, cómpre comentar a vitoria do Cerqueda nun partido sen historia. Os de Carlos non fixeron o seu mellor partido pero as facilidades que dan os xogadores do filial pontecesán, sobre todo no aspecto físico, permitíronlle levarse os tres puntos do Pinguel aos de Cerqueda.

  • Alberto Pose (albertopose[arroba]quepasanacosta.com).

Crónicas de Alberto Pose

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com