Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Dous feridos nunha colisión frontal en Carnota  Correo-e
jueves, 04 de febrero do 2010

Image

Vai de accidentes a cousa nas últimas horas. Se o mércores eran as estradas de Cabana as que rexistraban un violento choque aínda que sen grandes danos persoais, na tarde deste xoves producíuse un accidente en Carnota, pero desta volta si con importantes consecuencias.

Dous vehículos colisionaron frontalmente este xoves, 4 de febreiro de 2010, no punto quilométrico 26,6 da estrada AC-550 que une Cee e Riveira, no termo municipal de Carnota. O suceso aconteceu minutos antes das 17:00h nunha curva, preto da estación de servizo de Maceiras, cando un Volkswagen Golf con matrícula 7525CGW chocaba frontalmente contra un Peugeot 407 con placas 7704GDS. Nos vehículos viaxaban únicamente os condutores pero non correron a mesma sorte. O ocupante do Golf con iniciais J.M.L.D. e natural de Carnota, resultou ferido grave e foi trasladado polos servizos médicos ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. O condutor do outro turismo con iniciais R.L.C. e natural de O Ézaro, só resultou ferido leve e foi atendido no lugar do suceso.

Nova desgraza nas estradas da Costa e de novo en Carnota, onde nos últimos tempos non teñen parada as novas de accidentes que chegan dende esa zona, algo que podería desembocar na necesidade dunha reflexión sobre os porqués. 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Fran Lago para QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Policía Local de Carnota.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com