Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Viaxe no tempo  Correo-e
viernes, 05 de febrero do 2010

Image

Os galegos acostumamos a queixarnos por todo. Pero cando nos poñen algo beneficioso diante rara vez dicimos nada. Cando foi o Prestige fixemos parecido… toda a vida queixándonos que esto era un desastre e de súpeto aparece petróleo e tamén nos queixamos. Vale que viña a granel, sen embase, pero que lle queres… O caso da televisión autonómica que temos é similar. Temos ao noso alcance unha auténtica máquina do tempo. Acender a tele e seleccionar a TVG supón iniciar unha viaxe no tempo na que só se pode ir cara atrás. ¡Tamén nos queixaremos por iso!. Iso si, sempre no caso que se che vexa a tele, que con isto da TDT, sabemos que na Costa da Morte non é cousa sinxela.

Non sei que se sinte cada un se mete determinadas sustancias, pero debe ser algo parecido a ver a TVG. As drogas ás veces producen visións, coloracións nas cousas que percibimos pola vista, falsa percepción da realidade, perda de memoria e… e algo máis que agora non lembro.

Na TVG temos de todo. Temos visións como as que aparecen ás veces no Luar. Fregas os ollos e non das crédito ao que ves. O Luar é como un inmenso plan de pensións, todo o persoal que xa non está para trotes, consigue unha paga mensual acudindo a actuar ali: Xil Ríos, Pili Pampín, Sabela, Juan Pardo, Bertín Osborne… Así combatimos que “os nosos maiores” pasen apuros. Quizáis a proposta de ZP de facernos traballar ata os 67 consistía en facernos ir ao Luar a partir dos 65…

Coa TVG tamén padecemos o cambio de coloración nas cousas que percibimos. Cando chegou o bipartito á Xunta, decidiuse a cambiar o ton estético dos informativos. Insisto no de estético, porque do resto… Grazas ao bipartito os informativos abandoaron aquel ton azul da era Fraga. Daquela todo era azul, os printers dos titulares, as luces de fondo, os decorados… Galicia era azul¡¡. Pero de súpeto cambiou a vermello. Todo o azul pasou a ser vermello. Dende hai uns días de novo o azul toma posicións nos informativos, Galicia volve a ser azul… e se a iso lle unimos que os informativos volven a ser presentados polas mesmas caras que nos contaban as fábulas do Prestige, da guerra de Iraq e que nos convencían día a día de que Fraga tiña poderes paranormais, a conclusión é: vendo un informativo da TVG volvemos aos anos 90 e incluso 80. E se sae Feijóo falando da lingua galega, está claro que podemos estar nos 60 ou 50.

Se a sensación de viaxe no tempo non é completa, sempre nos queda poñer a tele e ver como volven a emitir “Mareas Vivas”. Porque seica se decataron de que había unha persoa na Fonsagrada e dúas en Viana do Bolo que non viron a serie nunha das 74 reposicións. A TVG é rexuvenecedora grazas a iso, Tosar volve a ter pelo e o dos Tonechos tamén… e incluso ten 20 quilos menos de peso. As cadeas acostuman a coidar os seus productos estrela e dosificalos par que “duren”. Na galega descubriron aquela galiña dos ovos de ouro e fixeron un asado con ela. Emitiron a serie ata que provocou convulsións. Se tivese caido “Cuéntame” en mans dalgún xestor, terían emitido o período 1960-Actualidade en seis meses… a todo pasto¡¡. “Cuéntame” esa serie que en todo o territorio estatal é retrospectiva e que aqui é pura actualidade…

Os programas de cultura volven ao prime-time.. .ás 3:20 da madrugada. Porque neste país onde somos tan utilitaristas, quen carallo precisa cultura. Ademáis eses programas só os ven os profesores de instituto que a esas horas están fumando porros e vendo a tele, así que xa vai para eles.

Da falsa percepción da realidade non vou falar… xa falei abondo do Telexornal. En fin, amigos… deixovos que vou ver a TVG que coido que poñen “Galicia en el país de las Maravillas” e vendo certas cousas te da un subidón. Estilo Matrix… unha realidad virtual paralela. E sen gafas 3D.

  • Fran Hermida (franhermida[arroba]quepasanacosta.com).

Máis información

Artigos Sen xeito

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com