Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG esixe ao Goberno Central que impulse o Parque Empresarial de Vimianzo  Correo-e
viernes, 05 de febrero do 2010

Image

A comezos de semana o BNG levaba ao Congreso dos Deputados unha iniciativa para pedir o abaratamento no parque emrpesarial de Cee que está case rematado e só pendente da inauguración. Onte, o voceiro do partido no Congreso, Francisco Jorquera, daba unha rolda de prensa en Vimianzo, na que informaba das novas iniciativas que o BNG está a realizar para reactivar o parque empresarial vimiancés.

Agotadas xa case as esperanzas dalgún movemento por parte da Xunta, o BNG "esixe ao Goberno Central, como accionista maioritario da promotora do parque, que interveña”. A proposición non de lei levada por Jorquera pide "“abaratar o prezo das parcelas e a instrumentar medidas de axuda para promover a instalación de empresas no parque empresarial de Vimianzo”.

Un prezo desorbitado para a comarca

Francisco Jorquera denunciou que o prezo ao que ofertou a SEA as parcelas do polígono de Vimianzo, a unha media de 90 euros o metro cadrado, “é totalmente desorbitado e non está ao alcance dos empresarios da Costa da Morte”. Isto fixo que o concurso para a venda das parcelas fose declarado deserto polo Consello de Administración da SEA celebrado o 9 de marzo de 2009.

“Deste xeito, e a pesar da evidente demanda de solo industrial e da necesidade de implantación de empresas para dinamizar a economía da comarca, a día de hoxe o parque empresarial, finalizado hai máis dun ano, permanece deserto e mesmo os seus equipamentos estanse deteriorando”, denunciou o deputado do BNG.

Propiedade do Goberno central

O deputado do BNG lembrou que o parque empresarial de Vimianzo foi promovido pola sociedade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), na que o accionista maioritario é o Goberno Central, a través da SEPI, co 85% das accións, mentres que o 15% restante correspóndelle á Xunta de Galiza, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

En concreto, o deputado do BNG considera necesario que o Goberno Central “que é o accionista maioritario da promotora do parque, a SEA, aclare tamén a súa postura ante unha demanda, a de que se rebaixa o prezo da parcelas, que é razoábel, xustificada e necesaria para favorecer o desenvolvemento económico da Costa da Morte”.

"Ausencia" do PP

“Do Goberno do PP xa comprobamos que incumpre as súas promesas coa Costa da Morte, pero o Goberno Central tamén ten responsabilidade”, afirmaba Jorquera. Mentres, en clave local, Antelo, voceiro local, enviaba un recado a Carmen Borbujo, voceira do PP vimaincés: “A portavoz municipal do PP, Sra. Borbujo, enganou aos empresarios e á veciñanza de Vimianzo". Antelo asegura que durante as eleccións a voceira do PP prometía aos empresarios rebaixar o prezo a 35€ por metro cadrado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete de Prensa do BNG.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com