Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O rexedor corcubionés afirma que o BNG está asustado porque Corcubión avanza  Correo-e
viernes, 05 de febrero do 2010

Image

Podíamos saber onte que o o BNG corcubionés denunciaba que o Centro de Día tardará 2 anos. Un BNG que acusaba ao goberno local de "falta de vontade política" para levar a cabo un proxecto que partira da oposición.

Non sentaron ben estas palabras no seo do goberno local, e o alcalde corcubionés Francisco Lema, Chisco, quen non entende que o BNG "faga súas as iniciativas e posta en marcha de distintos proxectos no municipio". Ademais o rexedor non se explica as acusacións de "política caciquil" que entonaba onte Oscar Insua, voceiro do BNG, cando está retirada a xunta de goberno local e cando o seu partido "sempre practicou clientelismo e orientación caciquil".

Pero para o alcalde, "a realidade e a verdade só ten un camiño: os feitos". E, para el, "a realidade é que Corcubión comenza a avanzar, encamiña un futuro e os nacionalistas asústanse". Chisco pon exemplos como os traballos na rede de saneamento, e pregúntase por que "as casas do casco histórico están sen conexión a EDAR, e pagando", e non fixeron nada por remedialo en tantos anos de goberno.

Ademais, e volvendo a Centro de Día, Chisco apunta tamén que "tiveron 9 meses para iniciar un centro de día (cunha Consellería na que tiñan a Quintana) é non deron nin un paso, nin siquera reactivaron a Fundación Riestra, a coñecida como Fundación Emilio Alonso que é a de Asilo de Ancianos Pobres de Corcubión que agora se está reactivada, titular dos edificios que agora se están rehabilitando grazas a subvención da Deputación da Coruña e nun futuro próximo co fondo estatal".

Marcha o rexedor corcubionés sinalando cara a praia: "¡Espero que nun futuro próximo non sean os abanderados de que a rexeneración da praia tamen a fixeron eles!".

Novas relacionadas


 

Fonte

  • Nota de prensa PSdG de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com