|

Os representantes do Partido Popular veñen de constituir un Comité Comarcal para preparar os comicios do 2011. Así o acordaba na na reunión de traballo de onte xoves 4 de febreiro, na que participaron o Presidente Provincial, Carlos Negreira, o Secretario Xeral, Diego Calvo e o Secretario de Organización, Manuel Alvarez Campá. Un comité que terá "unha estrutura local, provincial e parlamentaria, con representantes dos tres entes".Na foto vemos aos represnetantes da zona nunha reunión do pasado mes de outubro de 2009. A idea é a elaborar un programa ambicioso que recolla as necesidades comúns dos municipios de Bergantiños. "Imos darlle voz aos cidadáns, xa que van ser os protagonistas", aseguran. Con esa idea pretenden seguir obtendo os bos resultados que colleitan elección tras eleccción na comarca de Bergantiños. A por Carballo, Laxe e Malpica... e a Deputación Negreira adiantou que "o obxectivo primordial que nos marcamos no 2011 é consolidarnos nas alcaldías nas que xa gobernamos, e lograr as alcaldías de Carballo, Laxe, e Malpica". Concretamente, continuou, "as nosas expectativas son subir un deputado provincial, que será a chave para gobernar a Deputación". Últimos comicios Carlos Negreira recordou que "nas últimas eleccións autonómicas o Partido Popular consolidouse na provincia cun 47% dos votos. E, concretamente, en Bergantiños aumentamos esta porcentaxe ata un 52,29% dos votos, 5 puntos por encima da media da provincia, o que pon en evidencia que é o Partido con máis confianza da comarca". Desbloqueo da Autoestrada Outro dos temas abordados na reunión foi o que supuxo para a zona o desbloqueo da Autoestrada Carballo - Fisterra. Logo de autoloubarse, o líder provincial valorou positivamente a rebaixa que se aplicará na peaxe na AG-55 "como un claro compromiso da Xunta coa comarca", actuación que anunciou aplicarase no primeiro semestre do ano. Haberá que ollar que ocorre con esta rebaixa, porque as novas que saltaban indicaban que a peaxe subirá un 11∞ en xullo. E iso logo de estar mes e medio pagando por unha autopista cortada. Xeración de emprego Nesta mesma liña, referiuse ao emprego como outro dos obxectivos prioritarios para o PP, "porque é a mellor política social que podemos facer nestes momentos". Para iso, cualificou como crave os polígonos industriais e, concretamente, destacou "porque todo o que sexa facilitar o asentamento de empresas en Galicia é clave para xerar emprego". Non reparou nos problemas que está tendo o polígono vimiancés, sobre o que a Xunta segue sen actuar para reactivalo. Pero si que puxo de exemplo as novas comunicacións co Polígono de Bértoa que se están executando para facer máis atractivo este polígono para os empresarios. Neste sentido, o representante popular indicou que as previsións son que este polígono estea a pleno rendemento no primeiro trimestre do ano, aínda que se están axilizando ao máximo as obras para que poida estar en funcionamento este mesmo mes. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|