|
Os pequenos de Carnota preparan o entroido |
Correo-e
|
|
viernes, 05 de febrero do 2010 |
|

Seguen sendo lúdicos os venres en Carnota. Se hai unhas semanas os pequenos facíans uns preciosos poliños, o pasado día 29 os cativos de Carnota continuaron cas actividades dos "venres lúdicos". Esta vez cun obradoiro de manualidades de móbil de peixiños. Pintaron as figuras de peixiños e despois atáronnos todos a diferentes distancias con fío de cores. Os cativos quedaron encantados e desexando chegar a casa para colgalo nas súas habitacións. Estes venres xa chega o antroido e a actividade centrarase en facer unha máscara veneciana para sairmos todos disfrazados. A vindeira semana coñeceremos o programa de actividades que artellou o concello carnotán. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Carnota da man de Sara Piñeiro.
|