Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Hoxe, venres, no Depor Sport  Correo-e
viernes, 05 de febrero do 2010

Image

Comezamos o repaso ao diario do Deportivo, falando da Primeira. E o facemos por Cee, onde a chilena de Chapu na primeira volta ante o Imperátor aínda está namente dos coruñeses. Esta semana Chapu leva recibindo mensaxes toda a semana de pique. Seguindo na Primeira, pero xa no derbi da semana, o Dumbría recupera a Tantán para o encontro ante o Soneira.

Image 

E na Liga da Costa, o protagonista é o Corme, ese equipo exemplo de tanto para o fútbol da Costa. Suso da Torriña, a alma cormelá, lembra que malia contar con 6 xuvenís no equipo titular, sairán o domingo en Malpica a por todas. Ademais Pedro de Nieto volve para intentar recuperar a moral dun Louro moi tocado.

"A bote pronto", imos canda Maxi, mediapunta carnotán que cumple 23 anos; De la Sierra e Javi, dous vimianceses en Camariñas que esta fin de semana xogan contra a Unión; Albertiño, que non acaba de asentarse no 11 tipo do Xallas; E Mané, punta fisterrán, que é posible que volva aos terreos de xogo nas vindeiras semanas.

Image 

Xa indo coa intensa fin de semana no fútbol xuvenil, o diario fala con Darío, punta do Santa Comba, que quere culminar este bo ano no que xa foi convocado co equipo de Terceira División, cunha vitoria na Liga Xuvenil. O diario lembra ademais a escabechina do Comité para co Muros no parte de sancións.

Hai espacio ademais para o Cabana da Liga Galega Xuvenil, que ten ante o Brexo Lema, tamén necesitado de puntos, de romper a mala racha.

Image 

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com