|
Xornada informativa sobre o Programa Leader en Fisterra |
Correo-e
|
|
viernes, 05 de febrero do 2010 |
|

O vindeiro martes, 9 de febreiro, ás 8 da tarde, no Salón de Plenos do Concello de Fisterra, o xerente da "Asociación Costa da Morte-GDR" informará sobre as axudas do programa Leader 2007-2013. Na xornada explicaranse as liñas de actuación do programa, os posibles beneficiarios, as partidas financiables e os requisitos dos promotores e dos proxectos, entre outras cuestións. A xornada é aberta e poden asistir todas as persoas que o desexen. Máis información Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Fisterra.
|