|

Esta fin de semana do 6 e 7 de febreiro de 2010 vén marcada pola intensa xornada na Primeira Xuvenil Sur. 4 equipos con posibilidades de ascender e dous encontros nos que se xoga o todo polo todo. O Muros, en cadro tralo parte de sancións, recibe ao líder, o Cee, mentres que o Santa Comba recibe ao Corcubión. Todos en 2 puntos e cunha igualdade non lembrada en moito tempo. Nos dous partidos estará o equipo da radiONeria para retransmitir en directo os choques de Muros e San Pedro. Saben que poderán escoitar o Carrusel no 107.8 nas Terras de Fisterra e Carnota e mais no 106.1 da FM nas Terras de Bergantiños. Xa cos maiores partido da semana ten sabor á ascenso. Soneira e Dumbría enfróntanse a partir das 17:00h no Municipal vimiancés e ambos equipos miden as súas posibilidades de manterse na pomada. Ademais, seguindo na Primeira, o Ponteceso ten unha boa oportunidade para seguir sumando xa que visita o campo do pechacancelas, o Esclavitude. Pola súa banda o Cee buscará, de novo en Baio, gañar a un rival directo, o Imperátor. Na Liga da Costa, o encontro que máis chama a atención é ese O Pindo - Porteño, no que ambos conxuntos se xogan quen vai pasar máis apuros de aquí ao final. Por arriba, o Zas recibe ao complicado San Lorenzo, nunha nova pedra de toque para o líder. O Xallas recibe a un Baio que cada día fai mellor fútbol, polo que ambos envites serán moi interesantes. Xa na 3ª, a xornada sabatina deixa un par de encontros interesantes, con Dumbría B e Club do Mar con encontros, a priori, fáciles. Mentres que para o domingo o líder recibe ao Muxía e o Corcubión visita Cabana. E xa vimos nas modificacións de horarios, pero lembren que o horario habitual xa neste mes de febreiro é as 16:15h. Vemos unha escena do Carnota - O Pindo da semana pasada. 1ª Autonómica, xornada 22 | Soneira | Dom.7 17:00h | Dumbría | | Esclavitude | -- | Ponteceso | | Cee | en Baio | Imperator | 2ª Autonómica, xornada 22 | Sp. Zas | -- | San Lorenzo | | Sofán | -- | Fisterra | | Corme | no Pinguel | Malpica | | O Pindo | -- | Porteño | | Lira | -- | Carnota | | Muros | -- | Monte Louro | | Camariñas | Dom.7 16:30h | Vimianzo | | Xallas | Dom.7 16:15h | Baio | | Castriz | Dom.7 17:15h | Esteirana | 3ª Autonómica, xornada 22 | Muros B | Dom.7 12:15h | Alcaián | | Cabana | -- | Corcubión | | Corcoesto | -- | Atl. Pereiriña | | Mazaricos | -- | Nantón | | Cerqueda | -- | Outes | | Dumbría B | 5-0 | Ponteceso B | | Club do Mar | 4-1
| Coristanco | | Buño | -- | Muxía | Liga Galega Xuvenil, xornada 21 Ligas Xuvenil, Gr.3, xornada 18 | Santa Comba | 3-6 | Corcubión | | Dumbría | -- | Outes | | Esteirana | --
| Mazaricos | | Muros | 1-3 | Cee | | Fisterra | -- | Monte Louro | Ligas Xuvenil, Gr.4, xornada 18 | Baio | 3-2 | Sp. Zas | | Malpica | 2-0 | Corme | | Muxía | 3-0 | Porteño | | Bergantiños B | 5-1
| Soneira | | Coristanco | 2-1 | Camariñas | Liga Galega Cadete, xornada 21 Segunda cadete, xornada 14 | Mazaricos | 0-2 | Baio | | Ponteceso | -- | Malpica | | Cee | -- | Cabana | | Outes | -- | Concello Carnota | | Corcubión | -- | Bergantiños B | | Soneira | 0-1 | Sp. Zas | Ligas de Veteranos, xornada 19 1ª División | Cabana | -- | Baio | | Vimianzo | -- | Bértoa | | Camariñas | -- | Club do Mar | | Nantón | -- | Zas | | Bergantiños | -- | Juv. Bergantiños | | San Román | -- | Corcubión | | Ponteceso | -- | Buño | 2ª División | DESCANSA | -- | Agualada | | At. Milagrosa | -- | Leiloio | | Dep. Carballo | -- | UD Cerqueda | | Corcoesto | -- | Malpica | | Coristanco | -- | San Lorenzo | | Corme | -- | Castriz | | Sofán | -- | Porteño | Novas relacionadas
|