Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O trailer de The Way estréase coa película revelación do ano "Precious"  Correo-e
viernes, 05 de febrero do 2010

Image

A produtora Filmax vai aproveitar a saída da nova película Precious, da que din a reveleación do ano, para estrear o trailer de The Way. The Way é unha película de Emili Estévez sobre o Camiño, e na que a Costa forma parte tanto do escenario como da historia.

O estreo será hoxe venres 5 de febreiro. Bueno, ese será o estreo enlugares como A Coruña, pero, por suposto, non na Costa, que teremos que agardar unhas semanas para ver a revelación do ano. Nin os cines de Carballo nin os de Cee estrean hoxe o filme.

O trailer supón as primeiras imaxes da película que Estevez rodou ao longo do Camiño durante os meses de setembro, outubro e novembro pasados. Por aquí estiveron pola zona da Virxe da Barca.

The Way

The Way narra a historia de Tom Avery (Martin Sheen) é un reputado oftalmólogo que vive en California. Un día recibe unha chamada desde Francia na que se lle comunica que o seu fillo Daniel (Emilio Estevez) faleceu nun temporal nos Pireneos. A pesar de que a relación con el nunca foi moi boa por ter unha visión oposta da vida, Tom está abatido e viaxa a Francia para recuperar ao seu fillo. Alí descobre que Daniel comezaba a facer o Camiño de Santiago e decide facelo por el. A última oportunidade dun pai para coñecer ao seu fillo converterase a en a primeira oportunidade para empezar unha nova vida.

The Way está producida por Xullo Fernández para Filmax en colaboración con Elixir Films, conta co patrocinio do Xacobeo 2010 Galicia e a participación de TVG e a Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Máis novas sobre audivisual

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com