Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Peche, con Fran Lago  Correo-e
viernes, 05 de febrero do 2010

Image

Cada xoves, ás 22:00h da noite, volve soar O Ronsel na Radio Roncudo e radiONeria. O programa dirixido por Óscar Rey Calo dende Corme repasa a actualidade da semana e chega sempre con contidos de calidade.

E quen sen encarga de dar o Peche ao programa é Fran Lago, colaborador da emisora e deste diario. Lago será a partir de agora o que peche as semanas tamén en QPC, e cada venres traeremos a súa reflexión sobre o acontencido durante a semana.

O Peche, con Fran Lago

Semella que dende hai uns meses somos uns cidadáns máis ecolóxicos. Todo comezou nun lugar chamado Carrefour, cando nunha manobra encuberta disfrazada de acción a prol do medioambiente, déuselles por deixar de repartir bolsas de plástico. E digo manobra encuberta porque as bolsas séguenas a repartir, pero ao prezo de artigo de luxo de 0,10 euros. Curioso é que se queremos entrar ao hipermercado con bolsas doutros establecementos teñamos que embolsar as nosas bolsas (valla a redundancia) ¿con qué? Si si, cunha bolsa de plástico.
¿E a que vén todo isto? Pois a que se Carrefour nos conciencia ecolóxicamente malia non estalo eles, os que tampouco o están son os nosos alcaldes. O feísmo dos nosos montes a través da colocación deses muíños que xeran enerxía eólica non se lle escapa a case ningún dos concellos da Costa. Agás o de Fisterra, tódolos alcaldes da zona solicitaron nalgún intre a posta en funcionamento dos muíños no seu territorio. Xeran ingresos, pero ¿realmente compensan? É como o tema das refinarías. Pagamos a enerxía máis cara aquí que noutras rexións do Estado cando somos nós os que temos a súa produción máis preto e quen a padecemos. Concellos como Muxía ou Corcubión están en trámites de asasinar o monte e o medioambiente. Pero quen coma sempre aparece por aquí para rachar con todo é a Xunta. O once titular da Administración autonómica, con Feijóo de dianteiro de centro e os seus dez conselleiros por detrás (hai certos sectores que están empeñados en disfrazar a Feijóo mais eu ben sei que xoga pola dereita), anularon o decreto do bipartito polo que se lles concedían licenza para un parque eólico a varios concellos da bisbarra. Mellor non dicir nada. Continuemos sendo ecolóxicos e levando as bolsas ó Carrefour…

Non obstante o de tirar abaixo os plans de Touriño e Quintana en materia eólica non é mais que seguir o patrón de sempre, porque o interese en materia medioambiental da Xunta é paupérrimo. Debe ser que se lle acumula o choio ao conselleiro Hernández con esa macroconsellería que lle asignaron, pero o certo é que os penedos de Pasarela e Traba aínda están mortos de risa. E todo despois do recoñecemento outorgado polo Governo anterior. Triste é pensar que as Administracións marxínannos unha vez máis pero se algo temos claro na Costa é que temos que loitar polo noso, e así nolo veñen demostrando dende o Seminario de Estudos Comarcais. Cabe esperar a resposta de San Caetano pero con isto da austeridade pode que a envíen por correo ordinario e xa se perdera por aí.

Pero non todas son malas novas. Se esqueceron os penedos non o fixeron con outras partes da Costa de cara ao Ano Xacobeo. Digo de cara a pero xa estamos inmersos nel, así que figúrense qué ritmo máis efectivo o que levan as autoridades. Bueno, pois como digo, de cara a este ano Xacobeo con Compostela que está que trina porque o das cores políticas impórtalle moito a Feijóo, os populares decidiron dividir (algo que tamén lles gusta moito) a Costa en varias zonas coa intención de potenciar o noso.
Fala o conselleiro estrela de hoxe, Agustín Hernández, de recuperar e poñer en valor o patrimonio da Costa facilitando a súa conservación, convertendo os centros históricos en espazos atractivos e vitais de cidades e núcleos rurais e facendo do patrimonio un elemento de atracción e desenvolvemento. Son as verbas de Hernández, pero son só verbas. Custa crer o interese cultural dun Executivo que en cuestión de meses tirou pola borda a lingua, a reforma do Estatuto, as axudas á promoción da cultura e a tradución de libros entre outros moitos asuntos, iso si, xa podemos escoitar a algún conselleiro falando na lingua de Cervantes… supoño que a potenciación patrimonial vai dirixida a atracción desa personaxe tan aprezada como é o turista castizo. Haberá que velo.

E xa que estamos hoxe en materia verde unha boa vergoña é a situación do legado de Man, o alemán de Camelle. Sete anos despois da súa morte, o xeito no que se atopa o lugar no que viviu é de xulgado de garda. Indignación, mágoa e tristeza son os únicos sentimentos que pode ter quen se achegue ata o muelle de Camelle e compare o que había antes e o que hai agora. Namentres os políticos camariñáns tíranse os trastos á cabeza discutindo sobre unha fundación que se creo una honra a Man e que materialmente, aínda non fixo nada en dous anos.

E para rematar este periplo medioambiental, outra mágoa é a da situación da praia de Laxe. O bo facer sería a combinación axeitada de explotación e conservación dos recursos, pero con cores e intereses en clave política polo medio, apaga e vámonos. Boa leria a que tiveron na vila laxense hai anos con Portos de Galicia. Carlos Negreira, o actual presidente provincial do Partido Popular, ocupaba o cargo de máximo responsable de Portos cando fomos testemuñas dunha boa cacicada da man do ente por mor dunhas beirarrúas no termo municipal. Non tiña eu moita confianza no señor Negreira, máis o día que veu ao colexio xa hai anos e o primeiro que dixo foi “yo no me leo los programas de mi partido”, pois para un que escribe isto xa perdeu toda a confianza. Bueno o caso é que o caciquismo e a falla de escrúpulos foi boa dende os populares cando os enfrontamentos viñan cos socialistas dende o concello cos populares dende Portos e a Xunta. Dende o PP sempre favorecendo ós seus intereses, e de non ser así, pois a perxudicar ó veciño. O caso é que desta volta, coas cores no mesmo sitio que hai anos, o Concello de Laxe vén de solicitar a actuación de Portos para retirar a area que está a acumularse por riba do paseo marítimo, algo que acontece cada dous ou tres anos. Pero nada, que aquí as respostas tamén virán por correo ordinario porque non responden. Se é que a carta tradicional é máis austera…
Pero a pregunta é, ¿perderá Laxe recoñecementos en materia medioambiental coa volta da gaivota á Xunta? Dende logo que algún ex rexedor da vila (que no seu día protagonizaba portadas acerca de escándalos caciquís na revista Interviú) o desexa. Poño a man no lume. Para que despois veña Baltar Junior a dicirnos que a época dos caciques rematou…

  • Fran Lago (franlago[arroba]quepasanacosta.com).

Horario do Ronsel

  • Os xoves, de 22:00h a 00:00h en directo.
  • Os sábados, de 12:00h a 14:00h en diferido.

Fonte e máis información

Novas da radiONeria

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fran Lago (franlago[arroba]quepasanacosta.com).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com