Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Fungos e cogumelos  Correo-e
sábado, 06 de febrero do 2010

Image

Os fungos estiveron encadrados dende a antiguedade dentro do reino vexetal, pero en 1969 Wittaker divide aos seres vivos en cinco reinos, separa os fungos das prantas é propón o reino Fungi. Os máis recentes estudos biomoleculares danlle a razón a este autor e demostran que os fungos están máis cerca dos animais que dos vexetais.

Son seres vivos heterótrofos pois non teñen pigmentos fotosintéticos e polo tanto necesitan alimentarse de materia orgánica. As paredes celulares están formadas por quitina, unha sustancia que tamén atopamos nos exoesqueletos dos artrópodos. Son osmotróficos, realizan unha dixestión externa dos alimentos, secretan exoenzimas que dixiren os nutrintes e logo inxiren as moléculas que resultan da dixestión. A sustancia de reserva que acumulan é moi parecida ao glicóxeno dos animais. Os vexetais teñen pigmentos fotosintéticos, as paredes celulares formadas por celulosa e como sustancia de reserva almacenan almidón.

Foron usados polos seres humáns dende a prehistoria, con fins mediciñais, para facer e conservar o lume, con fins relixiosos e tamén como alimento. Hoxe en día teñen gran importancia económica e están presentes na nosa vida diaria, na fabricación do pan, a cervexa, os antibióticos e moitos outros medicamentos e por suposto tamen na nosa alimentación.

Forman asociacións simbióticas con outros seres vivos, prantas, algas e incluso coas termes e as formigas de determinadas especies. De todas formas a asociación máis importante é a que forman coas raíces das prantas, as micorrizas. Según os últimos estudos sobre a evolución, parece ser que esta asociación foi fundamental para a conquista do medio terrestre por parte dos vexetais e podemos ir máis alá e asegurar que a maioría das prantas superiores, aínda que semellan autónomas, non poderían sobrevivir sen asociarse con determinados fungos.

O reino Fungi calcúlase que ten máis de un millón de especies e si nos referimos os fungos superiores ou macromicetos, a nivel mundial están determinadas unhas 90.000. Na Península ibérica calcúlase que deben existir do orden de 45.000 especies, das cales están identificadas 9.600. O cálculo faise a partir das especies vexetais existentes e como vedes queda moito por descubrir pois so están determinadas unha quinta parte do total.

Os fungos soen presentar unha parte vexetativa chamada micelio que está formado por unha especie de fíos que se bifurcan e medran de forma radial, as hifas. Os cogomelos son os órganos reproductores ou corpos fructíferos dos fungos, veñen a ser como os froitos das prantas.

  • José Manuel Castro Marcote (jmcmarcote[arroba]quepasanacosta.com).

Artigos micolóxicos de José Manuel Castro Marcote

Novas relacionadas

Máis información

  • Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo.
  • Fonte

    • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
     
     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com