Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Curso de formación para adestrador de surf  Correo-e
sábado, 06 de febrero do 2010

Image

A Federación Galega de Surf informa de que xa está aberto o prazo para a convocatoria do "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico". Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destes niveis está formado de tres bloques:

  • 1- Bloque común: pódeste informar sobre as convocatorias deste bloque en www.deportegalego.eu ou poñéndote en contacto coa Escola Galega do Deporte.
  • 2- Bloque específico: convocado pola Federación Galega de Surf: www.fgsurf.com.
  • 3- Prácticas: Ao aprobar o bloque común e o bloque específico establecerase un período de prácticas de 150 horas nunha das escolas homologadas da FGS elixida polo alumno.

“Bloque Específico”

O curso desenvolveráse nos meses de Febreiro e Marzo de 2010 o lugar de realización será no Edificio Carballo Calero, Plaza del Inferniño. FERROL-A Coruña.

Inscricións

O prazo para inscribirse no bloque específico e ata o día 17 de Febreiro, para o envío das inscripcións pódense cubrir os datos que se piden na ficha de inscripción, nun e-mail e envialo a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , tamén se pode tramitar enviando un fax coa ficha de inscripción ao número 986 299 378. No momento de facer o ingreso no banco prégase constar no concepto o nome da persoa inscrita no curso e sinalando Curso de Técnicos. Mais información nos documentos adxuntos.

As persoas que teñan que realizar as probas de acceso: deberán presentarse o venres 19 de Febreiro as 16:00 h. na Praia de Doniños (Ferrol) , deberán levar táboa e traxe de surf para a realización das probas.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com