|

Tras dúas semanas ausente á miña cita con vostedes debido ás miñas obrigas estudiantís volvo hoxe para comentar a que a bo seguro será a xornada máis emocionante de todas as ligas da Costa. Levaba enfrascado unha temporada entre apuntes que falaban de anarco-capitalismo, newsmaking, ditaduras soviéticas, institucións económicas, tipos de planos, etc. (xa saben iso que din de que un xornalista debe ser un grande pozo de sabiduría con moi pouca profundidade) e a última xornada devolveume á realidade da liga dun modo espectacular. Sería difícil que un director de cine ou dunha serie, aínda asesorado por expertos, fose capaz de deseñar un transcurso de liga e un final deste calibre, no que tras estar varios equipos desauciados e outros coa liga practicamente ganada cheguen catro con opcións reais. Final que como di o título se van xogar catro equipos en dous campos, os cales se van batir o cobre este sábado á mesma hora polo que é moi posible que os cruces de chamadas entre Muros e Castriz sexan constantes, o estado de nervios apremiante e o agobio permanente. Catro equipos, os corazóns dos rapaces e dos adestradores acelerados, pois saben que o traballo de todo o ano se vai xogar a unha carta e é unha sensación marabillosa. Vivir algo así non ten prezo e chegar en esta situación tras un ano que non foi doado para ninguén failles alcanzar a todos cunha motivación extra, non sentir temor ante o que pase sábado senón simplemente a impaciencia de que o que teña que pasar pase xa. Podía ler durante esta semana unha reflexión que facía Toño, porteiro do Santa Comba, coa que realmente me emocionei e na que viña a dicir que o que pasase daba igual, que o que realmente importaba era que loitasen no campo, que disfrutasen e que todos tiñan un denominador común que os facía saír cada sábado a deixarnos e pel no campo: o fútbol. A quen non saiba do que estou falando probablemente lle parecerá ben unha parvada ou ben unha cousa que simplemente responde a unha cuestión lóxica, pero en realidade non é algo doado de explicar. Con 18 ou 19 anos que teñen os xogadores de último ano de xuveniles o fútbol xa che puido dar moitos paos moi duros e a única explicación a que lle sigas rendido tributo a este deporte é que os bos momentos que pasas nun terreo de xogo compensan todos os demais. Xestionar a situación de nervios, que incluso se poderá tornar de pánico a medida que se achegue a hora do partido e os minutos vaian pasando vai ser clave para decidir o título. So o Cee depende de si mesmo pero terá que conseguir os tres puntos nun campo que vai ser territorio comanche e ante un rival, o Muros, que necesita vencer e que en San Pedro se produza un empate. Os outros dous contendentes, Santa Comba e Corcubión, teñen que gañar e agardar a que o Muros puntúe. Ningún dos catro o ten realmente doado e ningún é un favorito real. Prevese tarde de emocións na Costa, todos demostraron calidade para estar aí e en dous partidos pode darse calquer combinación, así que aos que se poidan achegar ata un dos dous campos non o dubiden. Sorte e disfruten. - Darío Domínguez (dariodominguez[arroba]quepasancosta.com).
A radiONeria retransmitirá os partidosNos dous partidos estará o equipo da radiONeria para retransmitir en directo os choques de Muros e San Pedro. Saben que poderán escoitar o Carrusel no 107.8 nas Terras de Fisterra e Carnota e mais no 106.1 da FM nas Terras de Bergantiños. Novas relacionadas Crónicas das Ligas Xuvenil Análise das Ligas Xuvenís Máis novas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|