Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Cee leva o premio  Correo-e
sábado, 06 de febrero do 2010

Rematou a Liga Xuvenil máís igualada dos últimos anos. O Grupo 3 desta Primeira Xuvenil vivíu unha tarde de sábado de infarto, na que os resultados daban a vitoria a distintos equipos. A espectación creada nos últimos días de cara a este final de película de suspense, propiciou que tanto Miraflores como San Pedro de Castriz se vestisen de gala, e acollesen unhas entradas espectaculares. En Castriz, unhas 200 persoas acompañaban tanto ao conxunto local como ao Corcubión. Pero onde se demostrou que a vila vive o fútbol, foi en Muros. Uns 500 espectadores encheron as bancadas de Miraflores, e o ambiente non parou nos 90 minutos malia derrota do equipo local. Tamén houbo seguimento a través das ondas, xa que os compañeiros da radiONeria retransmitiron ambos encontros nun Carrulles Xuvenil, que fo seguido ademais a través da internet.

Durante boa parte da tarde o Corcubión foi o virtual campión, mentres Muros e Cee empataban en Miraflores. O Santa Comba sucumbíu á presión, e dende que colleu o liderato perdeu os dous partidos. Os corcubioneses fixeron un novo gran partido, pero na outra banda da Costa, o Cee facía os deberes e superaba a presión da guerrilleira afección muradá e conseguía o título ante un Muros onde as baixas por sanción fixeron mella.

Polo norte, o Bergantiños cumpriu o guión e fíxose co título ao imporse con comodidade ao Soneira por 5-1. Os carballeses rematan a liga demostrando que andan un paso por riba do resto dos equipos da zona.

Primeira Xuvenil, Gr.3

Muros - Cee (1-3)

Image 

  • Muros: Iago, Fernando, Marco, Mon, Maikel Perrito, Dani Corniños (Santi de Pura, min.73), Álvaro (Casto, min.75), Saúl (Sergio, min.80), Toni, Jesús Cucharilla (Champi, min.69), Gabi
  • Cee: Sergio, José Ramón, Moncho, Mario, Lucas, Gabi (Sergio Rey, min.71), Andrés (Xabi, min.90), Paulino (Chiro, min.76), Rafa (Rubén, min.87), Fernandito e Diego Cespón
  • Goles: 1-0, min.22: Toni, de penalti; 1-1, min.45: Rafa, de penalti; 1-2, min.70: Rafa; 1-3, min.75: Fernandito.

A afección de Miraflores portouse como nunca. 500 siareiros achegáronse para aupar ao Muros á vitoria, pero as baixas fixeron mella no equipo de Bibi, que non puido contar con ata 5 xogadores sancionados tralo encontro de Louro, onde verdadeiramente perderon a liga. O equipo local aguantou o envite medio partido, "mentres aguantou o peito", como ben sinalaba o seu adestrador, pero a segunda metade fíxose longa para os muradáns e os problemas físicos comezaron a aparecer.

A primeira metade estivo máis igualada, con dous equipos que, sen arriscar, buscaban a meta rival constatemente. Toni adiantaba aos seus ao transformar unha pena máxima, que igualaba Fernandito tamén dende o punto de penal.

Foi o segundo gol de Rafa no minuto 70 o que rompeu o partido. A partir de aí os xogadores muradáns viñéronse abaixo, e nin os cambios puideron recuperar un equipo que estaba cascado. O Cee controlou de aí ao final o balón e sentenciou por medio de Rafa, e ante o baixón local, foi de novo Fernandito, que puña o definitivo 1-3 no marcador.

Marcha así a liga cara Cee, onde os rapaces de José Carlos e Fermíns aúpanse como os máis regulares da liga, e demostran que o traballo da canteira ceense está funcionando.

Image

Santa Comba - Corcubión (3-6)

Image 

  • Santa Comba: Toño, Martín (Iván, min.60), Nahuel, David Agra, Manuel (Chupi, min.78), Pablo (Pinki, min.76), Javito, Darío, Aldo, Cristian, Dani (Jorge, min.46).
  • Corcubión: Abelleira, Pichín (David, min.80), Diego, Marco (Darío, min.70), Gabriel, Lema, Keka (Josiño, min.46), Alán, Joni, Lourido, Óliver (Coiradas, min.85).
  • Goles: 0-1, min.14: Lourido; 0-2, min.38: Lourido; 1-2, min.45: Darío; 1-3, min.55: Oliver de xogada indiviual; 1-4, min.60: Lourido; 1-5, min.64: Joni de penalti por mans dentro da área; 2-5, min.80: Darío; 3-5, min.82: Darío; 3-6, min.90: Joni
  • Expulsión: Lourido por doble cartón no min.70.

Image

Non puido ser. Ningún dos dous equipos levou a liga da Primeira Xuvenil. Con todo, o espectáculo vivido en San Pedro de Castriz foi tremendo. O Corcubión partía con algo dce vantaxe xa que a derrota ante o Outes da semana pasada facía mella nos locais que sabían que perderan boa parte das opcións nun encontro a priori fácil.

O dous equipos saíron a por todas, de feito, foi o conxunto xalleiro o que saíu mellor nos primeiros minutos. Pero o que acertou de cara ao gol foi o Corcubión. Cando estaba o Santa Comba controlando o balón, Lourido conseguí abríu o marcador. Seguiron os de Santi Casal incordiando á meta rival, pero nin Javito, nin Nahuel, nin David Agra, que mandou un chutazo ao longueiro, foron quen de poñer o empate. E cando máis doe, apareceu de novo Lourido para facer un 0-2 que deixaba xeados aos 200 espectadores de Castriz. E cando parecía sentenciado, ao fío do descanso, apareceu Darío para meter de novo ao Santa Comba no partido.

O encontro volvía estar aberto para a segunda metade, e o Cee empata en Muros co que o Corcubión era virtual vencedor da liga, pero a remontada do Santa Comba daríalle a liga aos xalleiros. Pero, chegou o mazazo no minuto 60 cando Oli realizou unha xogada persoal de bella factura e clavou o 1-3 que facía moito dano ao equipo local. O desconcerto local nos seguintes minutos propiciou que Lourido e Joni ampliarán a renda acabando así co partido.

De aí ao final, seguiron chegando goles, pero tanto xogadores como afeccionados estaban máis pendentes do que ocorría en Muros do que pasaba no terreo de xogo de San Pedro. Ao final, o premio marchou para Cee. Con todo, cabe destacar tanto a labor de Santi Casal no banco xalleiro, pero sobre todo, a de Nando, no banco corcubionés, todo un exemplo de saber estar, de como traballar coa canteira e de como apoiar e animar aos seus con elegancia e coñecimentos. Aquí abaixo vemos á dupla dianteiro corcubionesa, Oli e e Lourido, que fixo moito dano na defensa local.

Image

Primeira Xuvenil, Gr.4

Bergantiños B - Soneira (5-1)

Image 

  • Bergantiños B: Buggy, Martín, Canteiro, Rodrigo, David Castro, David, Trigo, Norberto, Javi, Fuentefria e Adra. Tamén xogaron Diego, Rubén, Dani, Stiven e Omar.
  • Soneira: Víctor, Marco, César (Germán, min.46), Vicentiño, Diego de Baiñas, Esteban, Cristian, Pichi, Diego, Toja e Dani.
  • Goles: 1-0, min.5: Esteban en propia porta nun córner sacado por Trigo; 2-0, min.18: Javi; 3-0, min.25: Javi, 4-0, min.60: Javi; 5-0, min.70: Adra, de penalti, 5-1, min.83: Pichi.
  • Expulsión: O soneiran Cristian (min.38) con cartón vermello directo

Partido máis cómodo do previsto para os carballeses que non encontraron moita resistencia no equipo soneirán para gañar e certificar o campionato de liga. Vemos naimaxe de arriba o festexo dos xogadores do Bergan co adestrador Pablo Pose no medio.

Pronto se puxo o partido de cara, cando aso 5 minutos Trigo saca un córner e Esteban marca en propia porta. Pouco despois Javi encontrase cun balón rexeitado dentro da área e pon o segundo e de novo Javi aos 25 minutos culminaba unha boa xogada de equipo par apoñer o terceiro e certificar a vitoria.

Na segunda metade pouco fútbol, os locais desexando acabar para festexar o campionato e os vimianceses máis do mesmo para pensar xa na copa. Aínda así Javi marcaría un gol máis para certificar un hattrick e Adra marcaría de penalti. Os soneiráns non se quixeron ir de balde e marcaron o gol da honra por medio do seu mellor xogador Pichi.

Image 

Novas relacionadas

Máis novas

Análise das Ligas Xuvenís

Crónicas das Ligas Xuvenil

Máis información

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Colabora o Depor Sport.
  • Fotos do Muros - Cee cedidas pola Unión Clube Cee.
  • Fotos do Bergantiños - Soneira do Dpor Sport.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com