Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
¡Deixen paso o software líbre!  Correo-e
lunes, 08 de febrero do 2010

Image

¿Quén non ten a día de hoxe un ordenador na súa vivenda? Xa no século XXI quen máis e quen menos está metido no mundo da informática. A compra de ordenadores aumenta cada día, os prezos son asequibles, pero as veces poñemonos a mirar e resulta que nos gastamos máis en software do que nos costou o propio ordenador; para que isto non pase temos que ter en conta o chamado Software Libre. E a miña intención con este artígo é acercar un pouco máis este concepto e mostrar as alternativas libres a quen non as coñeza.

Cando compramos un ordenador, normalmente vennos xa de serie co sistema operativo Windows (sempre e cando non compredes un MAC, claro), polo tanto o prezo de venta do ordenador ven a ser o prezo dos compoñentes sumado o prezo da licencia de Windows.

Partindo da base de que a licencia máis barata de Windows (A da versión Starter) son 175€ e que a que máis se sole instalar nos equipos novos (A Home) son 230€, podémonos facer unha idea do que nos custaría en realidade un ordenador si usaramos o sistema operativo de código aberto GNU/Linux en vez do Windows.

Na maioría das tendas de informática vanche dar a opción de facer o teu ordenador a medida, entón poderíamos elexir o S.O que realmente queremos, cousa que non pasa cos portatiles nos que.. por narices, vamos ter que compralo co S.O Windows (Unha inxustiza, seino).

Ben, poñamos que temos o Windows, xa gastamos os nosos cartos, non hay que facerlle; ben porque xa o tiñamos comprado ou porque non nos manexamos no entorno Linux (cousa rara, xa que hoxe en día é tan, ou máis fácil, que usar Windows). Neste caso non caíamos na trampa de gastarnos nin un só peso en programas , xa que actualmente, temos alomenos unha alternativa de software libre para cada programa de pago; feita por xente sen ningún ánimo de lucro e co único obxectivo de aportar o seu gran de area o mundo da informática.

Un exemplo, casi todos utilizamos ou temos utilizado a suite de Microsoft Office, para crear documentos de texto (Word), follas de cálculo (Excel), ou simplemente para ver os powerpoints que nos mandan os nosos amigos ó email; quen non teña “pirateada” esa suite saberá que o coste é extratosferico para tratarse de software, nada máis e nada menos que 240€ para a versión máis barata e 500€ para a máis cara.

Cos tempos que corren creo que nadie está pola labor de gastarse ese diñeiral nuns simples programas, aínda que as circunstancias da vida nos obliguen a usalos, por eso creouse a suite “Open Office”. A suite Open Office é exactamente igual que a Microsoft Office, solo que de código aberto e totalemente gratuita, e é totalmente compatible con todos os arquivos xerados no Microsoft Office; e aparte, tamén ten o seu propio formato de arquivos; o .ODF, que por certo, acaba de ser nombrado como o formato oficial en Dinamarca para almacenar documentos na administración. Hay que decir, que o Microsoft Office o tratarse de software privativo non abre ese formato.

Polo tanto encontramonos sólo con vantaxes, e o Microsoft Office é solo un exemplo de unha larga lista de programas que teñen o seu homónimo en formato Open Source, totalmente gratuítos, aquí temos uns exemplos dos máis usados:

  • Avast! ou Antivir, dúas alternativas gratuitas de antivirus, tan boas como calquer outro antivirus de pago.
  • CDBurnerXP pro, alternativa gratuita a suite de grabación de cds Nero, coas mismas funcións.
  • Gimp, alternativa gratuíta ó programa de retoque fotográfico Photoshop, sendo nalgunhas funcións superior a este.
  • NVU, alternativa gratuíta o programa de diseño web Adobe Dreamweaver.
  • VLC, alternativa gratuíta a calquer visor multimedia de pago, e ademais considerado un dos que máis opcións ofrece.
  • PDFCreator, alternativa gratuíta o Adobe PDF creator.
  • Xchat, alternativa gratuíta o programa de irc mIRC.
  • FreeCAD, alternativa gratuíta o programa de diseño AutoCAD

Polo tanto é irrisorio o de plantearse gastar centos de euros en software privativo, ou de piratealo, cando temos as mismas funcións en software libre.

Por non decir que na informática, e na expansión do seu uso está parte do noso progreso, ter que pagar por utilizar software non é máis que poñer cancelas a esa expansión e seguir a liña evolutiva das grandes compañías; cando o que realmente importa é a voluntad e a colaboración colectiva a hora de marcarnos o noso destino tecnolóxicamente falando.

Así que na próxima compra, apostade polo software libre, a larga.. saldremos gañando, nós e o noso bolsillo.

 
  • Mario Rodríguez Gómez (mariorodriguez[arroba]quepasanacosta.com).

Novas relacionadas

Artigos anteriores en Ciencia e Tecnoloxía

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com