Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Suso de Basilio, as novas tecnoloxías ao servizo dos nosos maiores  Correo-e
lunes, 08 de febrero do 2010

Interesante temática a que trataban este xoves, 4 de febreiro de 2010, no programa O Ronsel de Radio Roncudo e radiONeria. Xa saben que Óscar Rey voltou ás ondas logo dun ano de silencio con todo un mosaico semanal de informacións, entrevistas e opinións nun ton próximo e desenfadado.

Sempre conectadoImage

Pois ben, na terceira edición desta nova etapa, un dos temas a tratar foi a relación entre os maiores e a aprendizaxe no eido das novas tecnoloxías. E para elo achegouse ata os micrófonos das radios o cormelán Suso de Basilio. Suso, que está a piques de cumprir 66 anos, é a viva imaxe de que as novas tecnoloxías non teñen porqué ser incompatibles cos máis veteranos, de tal xeito que el mesmo decidiu adentrarse nos terreos da blogosfera onde podemos atopar a súa bitácora (susodebasilio.blogspot.com), na que plasma as súas vivencias e os seus pensamentos.

É tal o descubrimento que a rede pode supoñer para os nosos maiores, que o propio Suso recoñecía que “se teño que elixir quedo sen o coche pero non quedo sen isto”. Unha aposta a de potenciar as novas tecnoloxías entre os nosos maiores, que aínda ten unha longa vida por percorrer.

Falando de maiores e bitácoras na rede achégasenos á mente a lembranza da que ben seguro foi a precursora na utilización das novas tecnoloxías entre os nosos avós, a muxiana María Amelia López, que o pasado 2009 deixaba orfo o seu a mis 95 años (amis95.blogspot.com) logo de tres anos de historias e milleiros de seguidores a través da rede.

Aquí abaixo vemos precisamente unha das clases de informática para adultos nas que aprendeu o bo de Suso, e que ademais son, en boa medida, impartidas polo propio Oscar Rey, que vemos de pé na imaxe. Image 

En galego

Pero se nunca é tarde para aprender sobre as novas tecnoloxías, tampouco é para coñecer en profundidade unha lingua e máis se se trata nosa. I é que Suso de Basilio amosaba en O Ronsel a súa ledicia polo seu último logro, o diploma do Celga 4. Trátase dun certificado oficial que acredita nunha persoa un grao de coñecemento da lingua galega equivalente ao requerido en Bacharelato. Apuntaba o cormelán con tintes satisfactorios o esforzo que tivo que realizar ao asistir a diversos cursos, xunto coa dificultade engadida de moitas variacións na normativa da lingua, pero ao final pagou a pena.

Casos como o de Suso son o claro exemplo de que a idade non é un inconveniente para seguir aprendendo e achegarse a un mundo tan descoñecido como o das novas tecnoloxías. Como se apuntaba no programa, é cada vez máis frecuente este achegamento grazas ás actividades de aprendizaxe de cara á xente maior que organizan os distintos concellos e asociacións da Costa. Iso si, sen esforzo, está claro que nada se acada.

Máis información

Horario do Ronsel

  • Os xoves, de 22:00h a 00:00h en directo.
  • Os sábados, de 12:00h a 14:00h en diferido.
  • Frecuencias:
    - Radio Roncudo (106.1FM nas Terras de Bergantiños).
    - radiONeria (107.8FM na comarca de Fisterra e Carnota).

Novas da radiONeria

Máis novas

Máis información

Fonte

  • Redacción de Fran Lago para QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Programa O Ronsel, da Radio Roncudo.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com