|

Xa o contabamos onte, as Ligas Xuvenís xa teñen campións. Cee e Bergantiños B fixéronse cos títulos do Gr.3 e do Gr.4 da Primeira Xuvenil, nunha tarde fútbol de infarto. Os resultados deixaban a un Corcubión campión virtual durante moitos minutos, pero finalmente o Cee superou a un Muros moi cascado polas sancións e facíase coa vitoria e coa Liga. O Bergantiños B demostrou ante o Soneira a súa superioridade na Liga e venceu con comodidade. Agora, os equipos xa pensan na Copa. No tocante aos maoires, na Primeira, o derbi entre Soneira e Dumbría foi tan igualado que non deu nin para mover o marcador. O Ponteceso segue remontando e superou a proba do pechacancelas e mira cara arriba. Pero o que mira cara abaixo, e en picado, é o Cee. Non están tendo sorte os de Pato, que malia facer bos partidos caen nos últimos minutos. Na Liga da Costa esta xornada quedou patas arriba. O líder caía ante o San Lorenzo. Pero ninguén aproveitou o tropezo, xa que o Xallas non pasaba do empate ante o Baio, e o Camariñas caía ante un sorprendente Vimianzo que leva 4 vitorias seguidas. Tan só o Malpica e o Castriz sumaron os 3 puntos na zona alta. Por abaixo, o Lira está en racha. Segundo empate do Lira, desta volta ante o temible Carnota (vemos abaixo). E O Pindo volve caer nun encontro vital para as súas aspiracións. O que respira é o Porteño, que mallou no equipo carnotán e o alonxa de novo da loita por evitar o descenso. Xa na Terceira, os Dumbria B, Buño e Club do Mar non fallaron, pero o Corcubión deixou escapar unha vantaxe de dous goles para acabar empatando no desconto. O Nantón acabou coa racha do Mazaricos e tamén coas opcións remotas que tiñan de loitar polo ascenso. 1ª Autonómica, xornada 22 | Soneira | 0-0 | Dumbría | | Esclavitude | 1-3 | Ponteceso | | Cee | 1-2 | Imperator | 2ª Autonómica, xornada 22 | Sp. Zas | 0-1 | San Lorenzo | | Sofán | 1-1 | Fisterra | | Corme | 0-2 | Malpica | | O Pindo | 0-5 | Porteño | | Lira | 1-1 | Carnota | | Muros | 1-2 | Monte Louro | | Camariñas | 0-1 | Vimianzo | | Xallas | 0-0 | Baio | | Castriz | 3-0 | Esteirana | 3ª Autonómica, xornada 22 | Muros B | 0-5 | Alcaián | | Cabana | 2-2 | Corcubión | | Corcoesto | 2-0 | Atl. Pereiriña | | Mazaricos | 0-1 | Nantón | | Cerqueda | 2-3 | Outes | | Dumbría B | 5-0 | Ponteceso B | | Club do Mar | 4-1 | Coristanco | | Buño | 6-1 | Muxía | Liga Galega Xuvenil, xornada 21 Ligas Xuvenil, Gr.3, xornada 18 | Santa Comba | 3-6 | Corcubión | | Dumbría | 3-0 | Outes | | Esteirana | 5-4 | Mazaricos | | Muros | 1-3 | Cee | | Fisterra | 3-3 | Monte Louro | Ligas Xuvenil, Gr.4, xornada 18 | Baio | 3-2 | Sp. Zas | | Malpica | 2-1 | Corme | | Muxía | 3-0 | Porteño | | Bergantiños B | 5-1 | Soneira | | Coristanco | 2-1 | Camariñas | Liga Galega Cadete, xornada 21 Segunda cadete, xornada 14 | Mazaricos | 0-2 | Baio | | Ponteceso | 4-3 | Malpica | | Cee | 0-1
| Cabana | | Outes | 3-1 | Concello Carnota | | Corcubión | 2-3 | Bergantiños B | | Soneira | 0-1 | Sp. Zas | Ligas de Veteranos, xornada 19 1ª División | Cabana | 3-2 | Baio | | Vimianzo | 4-2 | Bértoa | | Camariñas | 1-0 | Club do Mar | | Nantón | 1-1 | Zas | | Bergantiños | 1-1 | Juv. Bergantiños | | San Román | 3-1 | Corcubión | | Ponteceso | 0-1 | Buño | 2ª División | DESCANSA | | Agualada | | At. Milagrosa | 0-0 | Leiloio | | Dep. Carballo | 1-3 | UD Cerqueda | | Corcoesto | 3-1 | Malpica | | Coristanco | 1-1 | San Lorenzo | | Corme | 1-2 | Castriz | | Sofán | 2-1 | Porteño | Novas relacionadas
|