Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Muxía tamén quere ser "Vila Literaria"  Correo-e
lunes, 08 de febrero do 2010

Vemos con gusto e ilusión como se move o concello de Muxía para comezar a explotar as súas potencialidades literarias. Xa vimos como comezan os traballos para crear a Fundación López Abente, pero as iniciativas non fican aí.

O Concello adiantábase ás espectativas, e o pasado outubro enviaba unha carta ao Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, interesándose por participar no proxecto de turismo cultural "Vilas Literarias". Un proxecto do que xa forma parte Ponteceso (onde a Fundación celebra hoxe o 175 aniversario do bardo pontecesán) e no que por Cataluña xa se está desenvolvendo con grande éxito.

Parámetros

A elección das vilas levarase a cabo de acordo con profesionais do sector e as aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos, como que a súa poboación teña configuración urbana e recoñecemento de vila, que sexa lugar de nacemento dun escritor recoñecido da literatura galega ou ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Tamén se valorará que conte cunha ruta xa recoñecida.

Ruta AbentianaImage

No Concello de Muxía levábase xa un tempo traballando nun proxecto para a difusión da obra de López Abente. A idea englobaba o que sería unha "ruta abentiana" pola vila e a partir de aí o concello pensou nos beneficios que reportarían incluirse no proxecto de Vilas Literarias. Na imaxe vemos a súa casa.

Proceso de adhesión de Muxía

Foi o pasado 14 de outubro de 2009 cando o alcalde muxián enviaba unha carta ao Conselleiro de Cultura interesandose polo proxecto Dende a Consellería de Cultura, o Director Xeral, Francisco López respondeu remitindo ao concello muxián á Fundación Curros Enriquez, concretamente ao seu secretario, Antonio Piñeiro, xa que desta Fundación partira a proposta do Proxecto Vilas Literarias.

Coa axuda de Piñeiro, o concello muxián cubriu os requisitos que debería cumplir a vila para adherirse ao Proxecto Vilas Literarias. Así, e xa en xaneiro deste ano, Porto enviaba unha nova carta dirixida a Francisco López na que se expoñían os motivos polos que a nosa vila cumpriría os requisitos e solicitando que Muxía fora incluida no proxecto Vilas Literarias.

Actualmente o concello está á espera da resposta do Sr. Francisco López para saber en que momento se atopa o Proxecto, sendo conscientes de que é un proxecto aínda en fase de consolidación, e que pasos debemos seguir para que Muxía poida, oficialmente, ser recoñecida como Vila Literaria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Concello de Muxía.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com