Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Entroido de Carnota pensa nos cativos  Correo-e
lunes, 08 de febrero do 2010

Image

Tamén artella o Concello de Carnota o seu programa de Entroido. Un entroido adicado a tódalas idades, pero especialmente pensada nos nenos/as. Ademais, o cativos xa levan uns cantos venres lúdicos preparando o entroido. A última sesión serviu para facer estas máscaras venecianas.

Programa do Entroido de Carnota

Image 

  • Venres 12 de Febreiro, 18:00 h, na Biblioteca: Obradoiro de disfraces (Dentro da progrmación dos Venres lúdicos)
  • Sábado 13 de Febreiro, 17:00 h, na praza do Pindo: Festa e comparsas de disfraces ao Pindjolliwood no Pindo (A.R.C.D. Pedramar)
  • Luns 15 de Febreiro, 18:00h, no salón de actos do Concello: Clase didáctica a cargo dun dúo da ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA. Son Alejandro Sanz coa marimba, e Dorotea Nicholas co violín.
  • Martes 16 de Febreiro, no Pavillón de Lamas de Castelo, de 17:00 h a 20:00 h: Festa de disfraces. Haberá hinchables para saltar, pallasos, xogos, cancións, bailes, animación e degustación de filloas e orellas para tódolos asistentes.

Ademais, haberá tamén cun desfile de disfraces para premiar ós 2 máis orixinais (un individual e outro colectivo). A entrada é gratuita. 

Novas relacionadas

Outros entroidos da Costa

Fonte

  • Concello de Carnota.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com