Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O PP corcubionés tamén critica ao BNG pola polémica do Centro de Día  Correo-e
lunes, 08 de febrero do 2010

Image

A pasada semana, o voceiro do BNG de Corcubión, Oscar Insua, saía á voz pública para denunciar o que entendía por falta de compromiso do alcalde para co Centro de Día. O alcalde quixo responder tamén a través dos medios, afirmando que o BNG está asustado porque Corcubión segue avanzando. Hoxe, as críticas ao voceiro do BNG chegan do PP corcubionés, que entende que Insua "antepón os seus intereses partidistas aos intereses xerais de Corcubión".

A disputa tivo lugar pola decisión de non dedicar os novos fondos do FEIL ao Centro de Día, pero a xuizo da voceira do PP, Gema Freire, devanditos fondos están mellor empregados no "comedor escolar, a reforma e ampliación do alumado de Quenxe e Oliveira e a adecuación da rúa paralela a Rafael Juan", demandas, que segundo Freire, "responden mellor ás demandas dos veciños.

Un albergue no canto dun Centro de Día

Vai máis alá Freire, e acusa a Insua de " mentir e intentar enturbar as decisións políticas que se toman no Pleno Municipal". Freire indicou que non votou para que a partida se destinase ao Centro de Día porque "os populares non están de acordo nin co proxecto, pisos tutelados, nin coa localización, na Fundación Riestra". A edil popular considera que "o mellor para os veciños de Corcubión sería construír un centro con residencia e non, tal e como expuxo o equipo de goberno, uns pisos tutelados". Para Freire, este non é o proxecto idóneo, xa que desta forma "os nosos maiores estarían encerrados en catro paredes a maior parte do día".

A representante popular expón a creación dun centro de día que inclúa, ademais, zonas de esparexemento para os maiores, polo que descarta a localización actual e que se destine, polo tanto, as instalacións da Fundación Ristra a outros usos como: dependencias municipais, tanatorio ou albergue xuvenil.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com