Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Os proxectos presentados para as axudas á Reindustrialización crearán emprego na bisbarra  Correo-e
lunes, 08 de febrero do 2010

Son uns cantos os proxectos presentados na Costa da Morte para a convocatoria de axudas á reindustrialización convocadas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. A UPD Pacto de Emprego da Costa da Morte veñen de facer un balance dos proxectos aprobados. Son dous tipos de áreas nas que se distribúen as axudas: a industrial e a das infraestruturas. A industrial leva máis cantidade de proxectos.

Xa o anunciaba a xerente da UPD Anabel Piñeiro, quen aló por outubro afirmaba que "van saír moitos proxectos da zona". E así é, ata 76 proxectos en todo o territorio do pacto, contando que 33 danse nos 14 concellos que analiza QPC.

Creación de emprego

A creación de emprego é un dos obxectivos fundamentais destas axudas, pque pretenden fomentar iniciativas empresariais que axuden a superar a crise do paro, que cada mes agudízase. Así, ao longo desta semana intentaremos coñecer máis de preto as propostas con cifras máis sustanciosas. En Camariñas, por exemplo, hai presentado 1 proxecto cun investimento de 2 millóns de euros que crearía 90 postos de traballo. E Ponteceso hai 4 proxecto relativamente baratos (600.000 euros) que crearía 90 postos de traballo. E en Cee, por exemplo, prevese crear 20 postos máis.

Área da Industria

Image 

Así, nos concellos que analizamos no diario temos 31 proxectos presentados. Proxectos que se completan con outros 37 de outros concellos do territorio da UPD Pacto de Emrpego, destacando 17 proxectos en Carballo e 11 en Muros. Uns datos que amosan o compromiso do empresariado local no desenvolvemento da Costa da Morte.

Falando en números, significarían un investimento de case 23 millóns de euros nos 14 concellos da bisbarra, cunha previsión de crear máis de 250 postos de traballo.

Área infraestruturas

Image 

Dos concellos que analiza QPC, tan só empresarios de Vimianzo e Zas presentaron proxectos para estas axudas. Son un total de 6 proxextos, por un importe de 3 millóns de euros.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do equipo da UPD "Pacto territorial de emprego Costa da Morte".
    • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com