|
Mala xornada para o FS Fisterra. Ademais da derrota colleitada na casa, o equipo recibñiu 3 expulsións que mermarán as posibilidades da seguinte xornada. O clube fisterrán mantense na 5ª praza da 1ª Nacional B . Datos do encontro - Resultado: FS Fisterra, 2 - Arranca Negreira, 4
- Fisterra. Rafa, Pablo, Miguel, Nando, Mario; Tamén: Marco, Santi, Pablo Casais, Aitor.
- Goles: 0-1; 1-1. Miguel; 1-2.(descanso).1-3; 2-3: Mario;2-4
Mal comezaban as cousas para os fisterráns, xa que nos 5 primeiros minutos de partido Pablo foi expulsado por vermella directa por unha entrada. Os nicraenses aproveitaron a superioridade e fixeron o 0-1. Conseguiu empatar Miguel, pero a alegría durou pouco xa que ao minuto seguinte o Negreira púñase por diante de novo. Á volta do descanso o cansancio fixo mella nos fisterráns, que ademais tiñan importantes baixas como as de Dudo ou Jajo. A rotación baixou pero o Fisterra non baixou os brazos. O porteiro visitante parou varias oportunidades locais, pero non puido cunha de Mario que servía para recurtar distancias e meterse de novo no partido. Pero a falta dun minuto e xogado os locais con porteiro-xogador, os visitantes facían a sentencia á contra. Aínda habería tempo para máis protagonismo arbitral, e Santi e o adestrador Juan Jesús tamén acabaron expulsados. Liga Provincial - Resultado: Concello de Irixoa, 0- Autos Fondo, 4
- Goles: Gabi Outes, Cristian, Suso, Gabi Canosa.
Nova vitoria do filial fisterrán, e fóra da casa, sendo xa a terceira. Vitoria que refrenda o bo momento de xogo dos fisterráns, ca dificultade engadida de viaxar sen porteiros. Foi o xogador Roberto Montes quen se colocou as luvas. O filial está de 2º na Liga Provincial, a 3 puntos do Disco Caracol. Ambos equipos descansan no entroido. Máis información 1ª Nacional B Provincial Masculina Xornadas anteriores Fonte - Nota de prensa do FS Fisterra da man de Juan Jesús Martínez.
|