Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Revive o Ponteceso  Correo-e
lunes, 08 de febrero do 2010

Estivo esta xornada marcada polo derbi entre Soneira e Dumbría. Pero o empate, malia que o encontro foi bastante bonito, deixou bo sabor de boca en mabos conxuntos que seguen de cheo na loita. Un pouco máis, se cadra, o Soneira, que se alza ademais á 2ª praza da táboa tralo tropezo do Arteixo.

Pero o que pega o salto é o Ponteceso, que tras 3 vitorias seguidas ascende ata a 13ª posición, pasando mesmo ao Cee, que queda en serios problemas, de 14º, con 22 puntos, 1 menos que o Ponteceso, e empatado cos de abaixo.

1ª Autonómica, xornada 22

Soneira - Dumbría (0-0)

Image 

  • Soneira: Fran, Ferreiro, Fran de Urroa, Vecino, Pablo (Taibo, min.65), Miguel, Javi, Victor García, Kike (Mario Toja, min.85), Michel (Darío, min.65), Vituco (Vía Rápida, min.85).
  • Dumbría: Purrúa, Iván Pequeño, Suso, Nico, Rubén, Aarón, Iago, Taski (Piri, min.70), Llanero, Luis, Adrián (Angeliño, min.70).
  • Expulsión: Luis, min.83.

Gran derbi entre dous aspirantes ao ascenso esta campaña. Moito respeto entre ambos bandos polo que ningún dos dous equipos arriscaron. Pero malia quedar sen goles, o encontro foi bonito, vibrante e intenso, e non careu o gol por falta de puntería máis que falta de ocasións. A primeira metade estivo moi igualada cun Soneira que trataba de baixar o balón e rasealo. Kike e Vituco tiveron o casións para abrir o marcador, pero Purrúa estivo mellor.

Cambiaron as tornas na segunda, e o Dumbría estirouse algo máis mentres que o Soneira aguantaba máis a posición. Foi Adrián o protagonista desta segunda con dúas internadas que salvou Fran tapando a meta local co corpo. O dumbría chegaba máis e o Soneira tan só facía dano a balón parado.

De feito, os últimos minutos foron de asedio local, que colgou varios balóns que puideron romper a xusta igualada. Iso si, nunha desas, xa no desconto, unha falta de Iago era repelida polo pao e Llanero a piques estivo de metela para dentro.

Esclavitude - Ponteceso (1-3)

  • Ponteceso: Barca, Dani Pallas, Roberto Ríos, Carlos Mato, Fabián, Luisete (Torrado, min.46), Bolón (Toniño, min.80), Mendieta, Pablo Vázquez, Rubén Rama (Josito, min.75), Alfredo (Tucho, min.46).
  • Gol: 1-0, min.8: 1-1, min.20: Mendieta nun centro chut e tocar nun defensa; 1-2, min.57: Bolón tras un rexeite a un tiro de Rubén Rama; 1.3, min.84: Roberto Ríos tras unha xogada de Toniño por banda.

Sobe o Ponteceso como a escuma. 3 vitoria seguidas sácao do pozo e xa pasa ata ao Cee e se coloca 6º por abaixo. Os de Esteban Varela e Mato puxeron o mono de traballo no areoso campo de Esclavitude, e superaron ao pechacancelas, non sin brega.

Partido de batalla, que ademais comezaba costa arriba tras un erro de comunicación entre Barca e a defensa que deixaba só a un dianteiro local para facer o 1-0. Non tardou Mendieta en conseguiro empate, e a partir de aí o Ponteceso sentiuse moito máis cómodo sobre o terreo de xogo.

Tiraba algún que outro balón longo o conxunto local, pero a defensa estaba ben seria. Na segunda, o Ponteceso foi superior e Bolón e Roberto Ríos, tras un xogadón de Toniño, sentenciaron o encontro. Un encontro que no que voltaba ademais Miguel Torrado, que volve aos terreos logo dunhas pequenas vacacións de fútbol.

Cee - Imperator (1-2)

 Image

  • Cee: Mingos, Fiuza, Leis, Jacobo, Berto, Rafa, Rivi, Miguel Riveiro, Chapu, Leo, Javi Rañal.
  • Gol: 1-0, min.20: Chapu; 1-1, min.80: tras un rexeite; 1-2, min.85.
  • Expulsión: Jacobo (min.25) e Miguel Riveiro (min.85)

Foi gañando dutante máis dunha hora o equipo de Pato, que veu como nos últimos minutos se lle escapaba o premio. E iso que quedaba con 10 pouco despois de que Chapu (que vemosna imaxe da ida)adiantara aos seus. Jacobo foi expulsado e Pato tivo que restruturar o equipo. Aguantou o Cee, sufrindo e peleando, e non deixaba chegar con claridade aos coruñeses. Tampouco saían os ceenses demasiado á contra,

Todo semellaba que ía quedar así, cando un ablón arriba, varios rexeites na área, un balón solto e unha punteira facía o empate. Con cara de tontos quedaron os ceenses, e máis cando 5 minutos despois de novo o Imperátor metía o segundo en posible fóra de xogo posicional doutro dianteiro coruñés. Nas protestas, Miguel Riveiro tamén foi expulsado.

O equipo queda tocado tras esta dura derrota, que o deixa 5º por abaixo na táboa e em zona de serio perigo. Pero segue sendo unha piña o clube ceense, non se pensa en cambio ningún, e entre todos seguirán remando para sacar ao equipo dos problemas.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver )
  • Fotografia do Soneira - Dumbría do Depor Sport.
  • Fotografía do Imperátor - Cee do UNión Clube Cee.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com