|
O Moreiras dos "Non hai fallo" será o pregoeiro do Entroido de Fisterra |
Correo-e
|
|
lunes, 08 de febrero do 2010 |
|

Xa está a punto de comezar o Entroido fisterrán e como é tradicional o Pregón do entroido 2010. Este ano o encargado de abrir as portas do entroido máis cargado de humor, non podía ser outra persoa que Xosé Manuel Fernández Moreira. E a ver como nos vén, pero que seica é imposible falar con el en serio pois sempre ten arrincada para todo. Máis coñecido como Moreira é o grande do grupo Non Hai Fallo, ronda os 2 metros de altura polo que non é de extrañar que se adique ao baloncesto nos seus ratos libres. Traballa xunto co seu grupo no programa Luar da Televisión de Galicia e xa traballou noutros programas da mesma canle coma SuperMartes, Pratos Combinados, A Repanocha… Aínda que reside en Arzúa, Moreira é un enamorado do Fin do Camiño, e que mellor que rematar en Fisterra para facer sorrir as súas xentes que tanto desfrutan do a Entroido máis tradicional da Costa da Morte. Aquí os vemos en Melide, xa hai un par de anos...
Máis información Novas relacionadas
|