|
Xornada chea de novidades e sorpresas esta do 6 e 7 de febreiro de 2010. A primeira, a derrota do Zas na casa, ante un serio San Lorenzo que prantou cara a un líder que sofre na casa. Non aproveitou de todo o tropezón do Zas o Xallas, que non pasou do empate ante o Baio, pero xa quedan ambos empatados no máis alto da clasificación. Xa a 9 puntos quedan Sofán, o propio San Lorenzo e mais o Camariñas, que caía sorprendentemente ante o Vimianzo e perde boa parte das opcións de loitar pola liga. Pola zona baixa, o Porteño respira e volve meter ao Pindo a 5 puntos nun encontro que se preveçia primordial para a tranquilidade do Porteño. O Monte Louro pode que levante cabeza ante un Muros ao que lle ten tomada a medida, e que non levanta cabeza. Ademais, o Lira suma de novo, segundo puntiño consecutivo do que pode ser xa tomado como unha racha en toda regra. Lira - Carnota (1-1) - Lira: Kike; Josiño, Pelexo, Herminio; Chindo, Marco Antonio; Javi, Víctor, Suso Patachin (David no 65); Ancho e Suso Perico.
- Carnota: José Angel, Nico Capi, Jorgito (Miguel Beiro, min.55), Charli, Santi (Andrés, min.78), Pedro, Fernando (Pablo, min.26), Marco Castreje (Demetrio, min.60), Nico II, Tono da Caixa, Manoliño.
- Goles: 1-0, min.10: Suso Perico; 1-1, min.47: Manoliño.
- Lesión: Fernando nun nocello.
- Expulsión: O directivo Jaitolo.
Saía o Lira supermotivado para o derbi, logo do primeiro punto colleitado a semana pasda. Un dos derbis máis clásidocs da historia da Liga pero que se veu abaixo nos últimos anos. E o derbi non defraudou. Os locais aguantaron os envites do Carnota durante toda a segunda metade e dá boa conta de que este Lira é outro. O Carnota viuse sorprendido nos primeiros compases ante a actitude do Lira. Chisco tivo a primeira para os locais, e nunha mesma xogada Ancho, Víctor e Suso Perico tiraban a gol e era este último o que abría o marcador. Pouco frecuente que o Lira se coloque por diante, e o Carnota comezaba a carburar. Como exemplo a man de Kike que salvaba un remate de Santi. Con todo, era a primeira vez na tempada que o Lira tentaba xogar o balón a pesar do terreo de xogo, chegando arriba con Suso Perico e Ancho, ex carnotán. Perro Viejo gañáballe a partida a ambos dianteiros. Cambiaron as tornas na segunda metade, e o Carnota comezaba a apretar. O encontro quentábase e o público comezaba a facer das súa e a meter presión no colexiado. Xusto á volta do descanso Manoliño facía o empate ante os seus ex compañeiros e o encontro podía caer en calquera momento do lado visitante. Pero a brega do Lira impediuno. Manoliño e Cololo, e 3 remates de Santi puideron darlle o partido aos visitantes, pero Kike estivo máis atento. A curiosidade da tarde deuse faltando 10 minutos. Co partido xa moi feo e coa afección case saltando ao céspede, o salto dun can o terreo de xogo foi excusa suficiente para que o colexiado, quixese deixarse de problemas e suspender o partido despois de xa previamente expulsar o entrenador e delegado local, Jaitolo. Así e logo de 15 minutos, reanudaouse o partido sen apenas novidades e rematando co 1-1 anterior.  Sp. Zas - San Lorenzo (0-1) - Zas: Norberto, Pereiro, Julián, Kiko, JOrge, Roly (David, min.60), Navarro, Juan, Mario (Ibiza, min.60), Braulio, Pichín.
- San Lorenzo: Diego, Quillo, Sergio (Fabián, min.25), Rudi, Puñal, Dubra, Javi Pensado, Styven (Marcos Cancela, min.70), Pablo, Anxo (Atu, min.75), Djalma (Cachizo, min.70).
- Gol: 0-1, min.60: Pablo.
- Expulsión: Marcos Cancela, min.90.
Relativa sorpresa en San Andrés, i é que o Zas na casa non está despregando o fútbol que gusta de facer. Un equipo con grande velocidade arriba e que moitas veces precisa espacios para facer o seu fútbol. O San Lorenzo prantexou un encontro serio, sen fisuras atrás e sen demasiados alardes ofensivos. Pero chegou o gol de Pablo, ao cuarto de hora da segunda metade, e o Zas víase en problemas. A presión fixo mella nos xogadores do líder que non foron quen de abrir a defensa durante a última media hora, pero tamén o San Lorenzo puido sentenciar á contra. O partido rematou con problemas e se formou unha bronca entre xogadores, afeccionados, co colexiado polo medio. Un colexiado que sacou algunha tarxeta a pasear, pero que haberá que agardar ao parte para saber se hai sancionados ou non. Sofán - Fisterra (1-1) - Sofán: Costa, Diego, Miniño, Juanjo, Pensado, Aleman, Mario Casal, Eloy (Jacobo, min.64), Berti (Roberto Souto, min.70), Suso Docampo (Oscar Pardo, min.85) e Bertin (Adrian, min.61).
- Fisterra: Joselu, Manin, Piti, Bebeto (Xusto, min.66), Borja Santos, Munitis, Roa, Julito, Nacho, Tata (Dudo, min.70) e Cartamil.
- Goles: 1-0, min.55: Mario dende a frontal; 1-1, min.80: Roa cruza ante Costa.
Puido gañar calquera no bo encontro disputado no Carral ante uns 130 afeccionados. O Fisterra prantou cara á SD e ata tivo momentos de gran fútbol. Mario chegaba á meta fisterrá, pero Nacho, un puñal por banda e a Manuel Cartamil, eran difíciles de parar pola defensa local. Tata puido adiantar aos fisterráns pero Costa gañoulle a partida. E acto seguido foi Bertín quen lanzou ao longueiro para os locais. Na segunda baixou o ritmo, e sen embargo, chegaron os goles. O Fisterra foi o que levou o peso do partido nesta segunda parte Mario por fin acadou o gol que puña por diante ao Sofán. Pero Roa marcou a 10 minutos do final facía o empate, o resultado máis xusto visto o visto no terreo de xogo. Corme - Malpica (0-2) - Corme: Suso; Adolfo, Martinciño, Pandi, Lelo, Abel, (Jorge, min.62), Diego, (Gonzalo, min.79), Alejandro, Alejo, (Pipo, min87), Lucas, Martín.
- Malpica: Toni; Charly, Marcos Amado, Alfredo II, Víctor, Eloy, (Carlitos, min.80), Neucha, (Brais, min.87), Casais, (Ismael, min.60), David Blanco, Andrés, Cheo, (Rancaño, min.46)
- Goles: 0-1, min.37: David Blanco cruza por baixo tras un pase de Andrés. 0-2, min.83: Alfredo II de cabeza a un saque de curruncho botado por Neucha, Suso atalla pero se lle escapa e entra.
Partido soso no Pinguel que se decidiu pola pegada visitante. A primeira metade estivo igualada e aburrida, con moito medio do campo e poucas chegadas ás metas. Nunha acción illada, David Blanco aproveitou un balón de Andrés, que facía dano no seo cormelán. Na segunda, o Corme baixou fisicamente, e o Malpica controlou un poyco máis. Ademais eran quen de desarmar a defensa cormelá, de novo con moitas baixas. As contras era cada vez máis perigosas pero non matou o partido ata 5 minutos para o final. Antes, Lelo estivo a piques de aproveitar un par de saques de falta de Alejandro, pero non chegou o empate. O Pindo - Porteño (0-5) - O Pindo: Garrido, Kiko, Cote, Álex (Pablo, min.65), Martín, Miguel de Lira, Piquero, Rivas, Carlos (Paulo, min.75), Rafa (Fran, min.50), Isma Leis (Julián, min.80).
- Porteño: Asiel, Manuel, Chino, Valeiro, Roberto (Rubén, min.85), Robertito (Iván, min.60), Piti, Juan oBello, David Toja (Wii, min-80), Varela, Cousillas (Óscar, min.60).
- Gol: 0-1, min.15: Cousillas; 1-0, min.60: Juan oBello; 0-3, min.65: David Toja; 0-4, min.80: Óscar; 0-5, min.85: Piti, de penalti.
Importante vitoria do Porteño de Rosquillero, que se prantaba neste encontro como nunha final. O equipo de Sil agunatou unha hora, pero sucumbiu no último tercio de partido e encaixou esta dura goleada. Marcou pronto o equipo local, pero respondeu O Pindo con algunha ocasión, sobre todo nas botas de Isma Leis. Á volta do descanso, o fuelle foi decaendo no bando visitante e o equipo local non tivo piedade e acabou mallando nos carnotáns, aos que deixan 5 puntos por debaixo. Muros - Monte Louro (1-2) - Muros: Lupi, Gael, Adán, Iván, Teo, Varito (Brais, min.70), Sexo, Manu, Yanki, Bibi, Ivi (Pesco, min.60).
- Monte Louro: Romaní, Tono, César, Fran, Pedro de Nieto (Canot, min.70), Chema, Edu, Dani, Riki (Pepiño, min.65), Alberto (Raúl, min.90), Aitor (Rico, min.60).
- Goles: 0-1, min.20: Chema; 1-1, min.55: Teo á saído dun córner; 1-2, min.85: Fran, de maxistral lanzamento de falta.
- Expulsións: Sexo e a Gael do Muros.
Descoñecido este Muros que xa desexa que remate a liga. MAlia seguri despregando un xogo bastante bo, os de Felipe non están finos de cara ao gol, e sofren nas rectas finais dos encontros. No partido de onte, ata 6 ocasións tiveron que sacar entre a defensa e o porteiro loureáns, e nin o debutante Yanki, nin Bibi tiveron sorte. O Louro púxose por diante no marcador pronto. A primeira parte foi de asedio local, e o Louro defendéndose panza arriba. O empate de Teo xa na recta final daba algo de tranquilidade aos locais, pero o Louro veuse de novo arriba e apretou con balóns arriba. Nunha desas xogadas aéreas, xa case co tempo cumplido, Fran facía un gol que daba un verdadeiro respiro ao Monte Louro, que pode ver o final dun túnel que xa duraba dende comezo de ano, pero que deixa ao Muros durmido no seu propio pesadelo. Camariñas - Vimianzo (0-1) - Camariñas: Marcos, Pesqui, Gerardo, Michael, Breo, Moriño (Nico, min.78), De La Sierra, David (Javi, min.71), Ismael, Roco (Alberto, min.65) e Brais.
- Vimianzo: Damian, Martín, Amarelle, Iván de Treos, Riveiro, Adrián, Iván de Baiñas (Sergio Vilaseco, min.72), Rafa (David Framil, min.53), Camilo (Víctor, min.63), Javi Suárez (Suso, min.91) e Fran Pioto.
- Goles: 0-1, min.8: Javi.
- Arbitro: Héctor Castiñeira Blanco. Pouco dialogante o colexiado que abusou de amonestacións nun partido que apenas tivo entradas con dureza. Michael, De La Sierra e David, polos camariñás e Damián, Iván de Treos, Adrián, Iván de Baiñas e Rafa viron cartón amarelo.
Cuarta vitoria consecutiva dos de Vimianzo que lles dá un respiro e tranquilidade con respecto aos postos de posible descenso, estando a 9 puntos do cuarto clasificado pola parte baixa. O equipo de Fran Pioto fixo un partido moi práctico, adiantouse moi cedo no marcador, cun balón que recibiu entre liñas Javi e bateu de maneira maxistral a Marcos no man a man, logo limitouse a defender con moito orde e xogar a contra. O Camariñas apenas encontrou espazo na defensa vimiancesa e as poucas ocasións que tivo foron con tiros lonxanos. Na segunda metade a tónica foi a mesma, os locais tiña a posesión do balón e tentaban penetran a teledaraña que formada a defensa vimiancesa e o seu porteiro Damian, que o pouco traballo que tivo resolveuno ben e sobre todo mostrou moita seguridade nos balóns áreos dos que abusaron os camariñáns na reta final do encontro. Sergio Vilasevo e Javi puideron matar o partido a contra, pero non estiveron acertados. Polos locais cabe destacar unha ocasión de Roco e outra de Breo. No bando visitante debutou o David Framil, xogador xalleiro que se formou nas categorías inferiores do Santa Comba e xogou no filial antes de desaparecer.
Xallas - Baio (0-0) - Xallas: Cheli, Carteiro, Lobo, Iván Solís, Iván Forján, Toni, Ismael, Albertiño (Iván Cancela, min.80), Jaime (Rubén, min.55), Carlos, Jesús.
- Baio: Manolo, Fermín, Mel, Mario, José Antonio, Jorge (Borja, min.65), Martín, Pensado, Alberto, MC (Felipe, min.60), Guillermo.
Perdeu o Xallas a oportunidade de poñerse de líder ao non pasar do empate ante o Baio. Un Baio que non veu a pasearse a Fontenla, e que prantou cara en todo momento. Sobre todo na primeira metade, na que foron os visitantes os que máis control tiveron do balón e que dispuxeron das mellores ocasións, sobre todo nos pés, como non, de GUillermo. Sentou ben o descanso nos locais e saíron a por todas. Pero o Baio estaba ben prantado e non deixou espacios para que os poderosos dianteiros xalleiros (que hoxe tilan baixas importantes), puidesen desequilibrar o marcador. Castriz - Esteirana (3-0) - Castriz: Herrera, Rubén (Martín, min.57), Alex, Alberto (Noli, min.25), Torreiro, Bruno, Jota, Koeman, Sebas (Dani, min.60), Ovidio, Damián.
- Esteirana: Luqui, Chispi, Simón, PIcholeiro, Álex (Vidal, min.60), Macerias, Pepiño, Alberto, Uru (Tarujo, min.70), Iago (Cristian, min.90), Roi.
- Goles: 1-0, min.56: Ovidio de volea tras un centro de Rubén; 2-0, min.65: Noli de gol olímpico; 3-0, min, 75: Damián en xogada individual.
- Lesión: Alberto cunhas molestias no abductor.
Aguantou medio partido a Esteirana ante este firme Castriz. Un cuadro, o xalleiro, sen fisuras e cun potencial arriba tremendo. Pero a Esteirana, co vento a favor, meteu en verdadeiros problemas aos locais. Pero estaba Herrera para salvar aos seus na primeira parte. No segundo tempo, o baixón físico dos de Esteiro e o bo xogo local acabaron co partido ben pronto. Ovidio abriu o partido cunha gran volea, pero o gol da tarde aínda estaba por chegar. Foi Noli, que lanzaba un córner tan pechado que se colaba directamente na meta de Luqui. Foi Damián, nunha xogada persoal, o que pechaba a goleada. Novas relacionadas Máis información Fonte
|