|
Dende a primeira xornada non viamos tantos goles nunha fin de semana na Terceira da costa, 34 foron os tantos marcados e boa culpa tiverona os tres primeiros clasificados que golearon. Xa viñamos dicindo en xornadas pasada e agora semella mais claro, os catro postos de ascenso van a estar en xogo entre Dumbria B, Buño, Club do Mar e Corcubión. O Mazaricos que parecía o único que puidera entremeterse perdeu na casa fronte ao Nanton, nun partido moi aberto e con dominio local, pero que finalmente non puido voltear o marcador encontra dos primeiros minutos. O único cambio substancial foi o empate do Corcubión, logo de ir gañando 0-2 viu como os de Cabana lle empataban na ultima xogada do encontro, isto sumado a vitoria dos de Caion, cousa que xa ven sendo habitual nas ultimas xornadas, deixa aos corcubioneses fora dos postos de ascenso que agora ocupa o Club do Mar. Dumbría B e Buño golearon, descontando unha xornada da competición para firmar o ansiado ascenso. Buño - Muxia (6-1)- BUÑO: Añón, Pancho, Diego, Lolo, Jose, Jorge, Emilio (Juan, min.65), Fran Martuxa, Ruben (Richard, min.50), Santi (Fernando, min.60) e Víctor (Manu, min.55).
- MUXIA: Angel Luís, Jose Mijiño, Josiño, Alvaro (Alvaro do Coral, min.55), Sancho, Papi, Dani, Raúl, Miguel Camaron, Jose Ignacio (Brian, min.50) e Carliños (Tomás, min.70).
- Goles: 1-0, min.15: Rubén; 2-0, min.30: Víctor; 3-0, min.37: Rubén; 4-0, min.47: Diego; 4-1, min.60: Jose Mijiño; 5-1, min.72: Richard; 6-1, min.88: Juan.
Partido cómodo para os oleiros que non encontraron moita resistencia nun Muxía moi vido abaixo. O equipo de Pablo Mallón rompe así cunha mala racha de resultados na que xa sumaba 3 xornadas sen gañar, algo inusual no lider ata fai poucas xornadas. Rubén abriu o marcador ao se anticipar ao defensor nun centro lateral, logo Víctor e novo Rubén, desta vez de cabeza a centro de Santi puxeron unha renta xa definitiva para os locais na primeira metade. Tralo descanso Diego puxo o cuarto ao rematar de cabeza un centro de Santi. Os visitantes acurtaron distancias tras unha xogada desafortunada dos de Buño, a falta de entendemento entre Añón e Diego acabou nun mal despexe deste ultimo que bate no visitante Jose Mijiño e entra na porta. Richard cunha vaselina dende a frontal e Juan puxeron o definitivo 6-1. Muros B - Alcaián (0-5)- MUROS B: Trozo, Jajo, Usko (Yeray, min.70), Abel, Abel de Lariño, Mingos, Álex, Cristiano (Ramonsiño, min.40), Xandre (Costilleta, min.70), Kikinho e Campana.
- ALCAIÁN: Mario, Luisito, Ramiro (Alex, min.25), París, Toniño, Dani, Iván Castro, Martín (Pensado, min.53), García, Mauri (Iván Souto, min.65) e Rubén.
- Goles: 0-1, min.15: Dani, de penalti; 0-2, min.20: Iván Castro; 0-3, min.23: Iván Castro; 0-4, min.35: Mauri; 0-5, min.55: García.
Partido disputado na maña do domingo no que os visitantes foron claros dominadores e puideron marcar algún gol mais de necesitalo. Os locais apenas entraron en xogo e ofreceron moi pouca resistencia. Cabana - Corcubión (2-2)- CABANA: Dani, Rubén, Marcos, Playa, Isaac (Ismael, min.75), Quilmes, Antonio, Dani, Adan, Sergio e Eloi Pereira.
- CORCUBIÓN: Cristian, Chisco, José María, Adrián, Josiño, Jose, David, Edu (Gus, min.57), Balucho (Carrillo, min.75), Juanjete (Mario, min.46) e Roberto (Leo, min.85).
- Goles: 0-1, min.65: Balucho; 0-2, min.75: José María; 1-2, min.85: Adan; 2-2, min.94: Antonio.
Partido igualado na primeira metade con poucas ocasións por cada banda. Na segunda chegaron os goles. O Corcubión saíu máis enchufado á volta do descanso e buscaba a meta local. Balucho e José María facía dous tantos que semellaban sentenciar o encontro. Pero nada máis lonxe da realidade. Coa inercia, o Corcubión meteuse un pouco atrás e o Cabana comezou a meter balóns arriba. Creaban moito perigo os cabaneses nos balóns aéreos e nun rexeite conseguían o empate. Tivo o Corcubión a posibilidade de sentenciar nas botas de Gus, que parou moi ben o meta local, e mais Mario e José. Pero non gastara todos os cartuchos o Cabana e xa co tempo cumprido, outro balón arriba, e o dianteiro cabanés estivo atento a meter a bota e facer o empate. Corcoesto - Atl. Pereiriña (2-0)- CORCOESTO: Luís, Miguel, Germán, Edelmiro, Suso, Javi, Roi, Juan, Cabana, Rodri e Pichón.
- ATL. PEREIRIÑA: Andrés, Simón, Javichu, Jordi, Serxio, Maikol, Toniño, Alex, Víctor, Nestor e Pelado (Darío, min.60).
- Goles: 1-0, min.60: Edelmiro; 2-0, min.91: Javi, de falta directa.
- Expulsións: O local Juan (min.42) con cartón vermello directo e os visitantes Néstor, con cartón vermello directo e Darío, por dobre amoestación, unha vez rematado o partido. Tamén foi expulsado o míster visitante Nito.
Mereceu algo máis o Pereiriña en Corcoesto, pero viñeron de baleiro e con dous expulsados. A primeira metade foi de dominio visitante e puideron adiantarse no marcador, pero Toniño desaproveitou unha pena máxima, mandando o balón ao pau e logo o local Cabana sacou un balón baixo paus cando xa se cantaba gol na parroquia ceense. Na segunda metade, pese a xogar cun home máis, o equipo de Nito non foi superior e os locais foron mellorando e marcando. Primeiro Edelmiro remata de cabeza un saque de falta botado por Rodri e xa en tempo de desconto Javi marca de libre directo. As protestas desta falta acarrearon as expulsións do local unha vez rematado o partido. Mazaricos - Nantón (0-1)- MAZARICOS: Gómez, Tuco, Oscar, Ramon, Marcos, Martín, Moro, Brais (Estefano, min.55), Moncho (Kevin, min.75) e Ernesto (Coxo, min.55)
- NANTON: Rizos, David, Diego, Felix, Sito, Carlos, Fabio, Amado, Luis, Manolo (Pedro, min.85) e Ruben (Martin, min.70).
- Goles: 0-1, min.12: Sito.
Partido igualado entre dous equipos que queren estar o máis arriba posible na clasificación. O tempraneiro gol do Nantón fixo que o Mazaricos fora o dominador do balón, pero os visitantes estaban ben plantados sobre o terreo de xogo e non tiveron moitas dificultades no primeiro tempo. Xa na segunda metade, e canto máis avanzaba o tempo, máis tolo se volvía o partido. A tónica dos últimos minutos foi que o Mazaricos atacou con todo canto tiña e o Nantón intentaba saír con contras pero sen moito éxito. Os locais lanzaron un balón ao longueiro e Estefano e Esteban Pereiro gozaron de sendos man a man como ocasións máis clara, mentres que os visitantes reclamaron un penalti sobre Manolo do Cruceiro que podería traer a sentenza do encontro. Ao final, nin uns nin outros foron quen de marcar algún gol máis e os tres puntos marcharon cara a vila de Nantón e os locais romperon coa súa bo racha de 10 xornadas sen perder. Cerqueda - Outes (2-3)
- CERQUEDA: Fredi, Añón (Iván, min.75), Alberto, Dani, Nión, Vilanova (Eloi, min.46), Santi, Rober (Lista, min.46), Gabi, Dieguito e Josiño.
- OUTES: Peipo, Alvaro, Mingos, Primo, Sergio, Dani, Martín, Arturo, Mario (Pitu, min.55), Saúl (Jorge, min.75), Pesco (Bolo, min.83) e Quin (Deivi, min.55).
- Goles: 0-1, min.23: Pesco, de penalti; 1-1, min.55: Gabi; 1-2, min.75: Pitu; 2-2, min.78: Dieguito, de penalti; 2-3, min.80: Sergio.
Choque entre dous conxuntos que non se xogaban e iso notouse na primeira metade na que apenas houbo ocasións de gol. Na segunda aumentou o ritmo por ambas partes e sucedéronse ocasións de gol en ambas áreas. Ao final a maior puntería dos de Outes sérvelles para sumar 3 puntos que os manteñen no medio da táboa.
Dumbría B - Ponteceso B (5-0)- DUMBRIA B: Anxo, Tantán (Óscar, min.70), Diego, David Carreira, Javier (José Manuel, min.46), Pablo Conde, Jesús, Fernando (Yenki, min.75), José Carreira (Ivanete, min.65), Sergio Cives e Pablo Muíño.
- PONTECESO B: Illote (Anxo, min.75), Rama, Iván, Pablo, Fabián, Marcos, César (Juanjo, min.71), Rivera (Jorge, min.60), Rubén (Ruchi, min.65), Diego e Puente.
- Goles: 1-0, min.41: Pablo Muiño; 2-0, min.55: Pablo Muiño; 3-0, min.65: Pablo Muiño; 4-0, min.75: Pablo Muiño; 5-0, min.85: Pablo Muiño.
Impresionante o estado no que se encontra Pablo Muiño, o de Baiñas marcou os cinco goles do seu equipo na tarde do sábado e semella que van a ser uns duros rivais na loita polo campionato. Os xoves pontecesans plantaron moita cara na primeira metade, na que xogaron cunha defensa moi adiantada achincando moitos espazos no medio campo e provocando moitos fora de xogo no que caian os xogadores locais. O gol a pouco para o descanso veu ao traste coas ilusións dos visitantes que no segundo tempo saíron goleados e puideron ser aínda mais de non ser pola brillante actuación do meta Illote. Club do Mar - Coristanco (4-1)- CLUB DO MAR: Borja, Jorge Sar (Pincho, min.55), Juan Lareo (Maracas, min.62), Óscar (Adrián, min.75), Chori, Alberto, Repi, Santi, Cano, Tonecho e Pablo Piñeiro.
- CORISTANCO: Jack, Moncho, Germán, Fran Fariña (Óscar, min.46), Iván, Pazos (David, min.65), Carlos, Luis, Suso, Mallón (Benítez, min.65) e Toniño.
- Goles: 1-0, min.5: Pablo Piñeiro; 2-0, min.30: Tonecho; 2-1, min.55: Toniño, de penalti; 3-1, min.80: Tonecho; 4-1, min.87: Tonecho.
Segue o club do Mar na súa liña e suma xa 13 xornadas sen coñecer a derrota e tralo tropezo do Corcubión xa se coloca terceiro nos postos de ascenso. O sábado o equipo de Caion volveu a dar sinos de solidez e de mentalización no obxectivo do ascenso e xogou unha moi boa primeira metade, na que tan so dou marcado 2 goles, no primeiro os visitantes reclamaron que os dianteiro local se levara o balón coa man. Tralo descanso o gol dos visitantes creou algunha incertidume e estiveron dominados polos de Coristanco durante 20 minutos nos que Toniño gozou dunha boa ocasión para empatar o choque. Non o fixo e logo dúas boas xogadas de Tonecho sentenciaron o choque para os locais. Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
)
- Colabora Luís Alberto Sambad e Martín Suárez.
- Fotografías do Fotolog da UD Cerqueda.
|