|
Un empate e unha vitoria na Liga para os equipos do Fisober C. Vimianzo. As cadetes non pasaban do empate 2-2 contra o Carballiño FS, e gracias a un golazo de Mirella dende omedio campo no últio segundo. Mentres, as senior goleaban o Concello de O Pino nun encontro de moita deportividade. Ademais a vitoria permítelles ampliar a renda no máis alto da táboa. Liga Provincial - Resultado: Concello O Pino, 0 - Fisober C. Vimianzo, 4
- Fisober: Paula (p), Elsa, Patri, Barca e Ana. Tamén xogaron: Eva, Andrea e Alba.
- O Pino: Mila, Ana, Carmen, Maria e Laura . Tamén xogaron: Belén, Cecilia, Bea e María.
- Goles: 0-1 Ana; 2-2 Barca; 0-3 Elsa; 0-4 Patri.
O Fisober C.Vimianzo impuxose por 0-4 a un Concello de O Pino que estivo sempre en desvantaxe e que non puido evitar que as vimiancesas sumen tres puntos que lles permiten ampliar a sua vantaxe como lideres da categoría. 4 son xa os puntos separan as xogadoras de Fran Toba do Boqueixón, aínda que teñen con un partido máis. O 1º gol anotouno Ana o resolver con acerto un man a man ca porteira visitante os 5 minutos, o segundo chegaria de penalti transformado por Barca ós 15 minutos, e a escasos segundo de rematar a 1ª parte Elsa conseguia o 0-3, xa na 2ª metade Patri conseguia o 4º e definitivo. Liga Autonómica Cadete 
- Resultado: Fisober C. Vimianzo, 2 - Carballiño FS, 2
- Fisober: Eva, Ilenia, Larita, María e Noelia. Tamén xogaron: Mirella e Andrea
- Carballiño FS: Angelica, Vanesa, Nerea, Noelia e Jeannette. Tamén xogaron: Bruna, Alba, Vane, Mª Jesús e Andrea
- Goles: 0-1: Vanesa; 1-1: Angelica (pp); 1-2; Vanesa; 2-2: Mirella
Igualada a 2 goles entre as cadetes do Fisober C. Vimianzo e o Carballiño FS. E gracias xa que o empate chegou no último segundo de partido cando a xogadora pontecesá do Fisober, Mirella, xa a desesperada, tiraba desde o seu propio campo colándose o balón pola escadra da portería visitante e que desataba a ledicia nas xogadoras locais e afundia ás xogadoras visitantes que fixeran un gradísimo partido Vindeira cita O vindeiro partido das cadetes do Fisober será contra o Viveiro FS. Máis información Crónicas anteriores Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.
|