|
Segue sen sorte o equipo de José Manuel Vázquez. Logo de remontar o pasado sábado en Brexo Lema, poñerse por dinate aforntar os últimos munitos en superioridade, dúas xogadas ao final do partido deron ao traste con todo o traballo dos rapaces da Costa. A debilidade defensiva cabanesa, unida ao acerto do Brexo, decantaron o resultado final para os locais. Os cabaneses quedan de 14º, con 21 puntos, non lonxe dos postos de perigo. Liga Galega Xuvenil, xornada 21 Brexo Lema - Cabana (4-3) - Cabana: Bonano, Óscar, Edgar, Carlos, Alberto, Maior, Fabián Ameijenda, Diego Varela (Diego Fariña, min.70), Sandro, Adrián (Jose, min.85) e Basti (Chuki, min-75).
- Goles: 1-0, min.7: Pedro; 2-0, min.15: Emilio de penalti por mans de Sandro; 2-1, min.30: Basti de penalti; 2-2, min.43: Fabián Ameijenda de falta directa; 2-3, min.60: Basti; 3-3, min.85: Pato; 4-3,min.84: Pedro..
Foi un encontro moi disputado, con alternativas costantes para ambas bandas, e que puido caer de calquera lado. Comezou moi forte o Brexo, e en 15 minutos xa levaba dous goles de vantaxe. Lonxe de amilanarse, os da Costa foron arriba e Basti e Adrián puideron reducir distancias. Foi Basti o que transformaba un penalti sufrido por el mesmo e que non supuxo o que debería ter sido a expulsión do defensa local Alberto. Aínda lle quedaba fol aos cabaneses, e nunha xogada a borde do descanso, tras unha falta para o propio Alberto (que veía o seu primeiro cartón) Fabián Ameijenda clavaba o empate. Continuou moi aberto o encontro á volta dos vestiarios, e foi o Cabana o que se adiantaba no marcador, por medio de Basti, que aproveitaba un rexeite do porteiro local a tiro de Diego Varela. A partir de aí Brexo comezou a achuchar a base de balóns aéreos. Precisamente en dous cóners conseguía darlle a volta a un partido que ben puido caer do lado costeiro. Ligas Galegas base Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Crónica de José Manuel Vázquez.
- Fotografía do Depor Sport.
|