Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A EDAR que nunca tivo Malpica  Correo-e
martes, 09 de febrero do 2010

Remontámonos a setembro de 2008, cando o pleno malpicán aprobaba o Anteproxecto Colectores Xerais e EDAR de Malpica de Bergantiños. Pero dende aquela foi imposible comezar a creación da estación depuradora na vila malpicá. Os desacordos entre Portos de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia impiden a obra.

Os terreos, de Portos, deben ser cedidos para que Augas de Galicia poida proceder a construir a EDAR que depuraría as augas da vila malpicá. É Portos de Galicia, segundo o PSdG, quen ten a pelota no seu tellado, porque segundo informan, non emitiu resposta algunha dende aquela. Augas ameaza pola outra banda por desestimar o proxecto se non recibe os terreos en breve.

Esta semana, e logo de 2 anos sen preguntas, é o Partido Socialista de Galicia o que leva á Mesa do Parlamento Galego unha pregunta. O PSdG pregúntalle ao Goberno da Xunta, polas razóns técnicas, xurídicas, económicas, políticas que impiden a Portos de Galicia poñer a disposición do Concello de Malpica os terreos necesarios para, á súa vez, cedelos a Augas e proceder a construir á EDAR.

Ademais, o PSdG pregúnatlle a Augas que faría no caso de que Portos non aporte os terreos.

Entrementres, o mar de Malpica segue recibindo os xurros urbanos da vila de malpica, sen ningún tipo de tratamento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSdG da comarca.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com