Xoves, 11 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O corcubionés Iñaki Coronilla acada a 3ª praza na Regata de Riberia  Correo-e
martes, 09 de febrero do 2010

Image

Grande fin de semana para o Clube Marítimo Carrumeiro. O deportista corcubionés Ignacio Coronilla Jiménez acadaba o seu primeiro trofeo como "3º clasificado" na clase optimist na categoría "C" de menos de 10 anos. Foi unha épica a conseguida polo cativo corcubionés, xa que se trataba da primeira regata á que asistía en competición.

Unha xornada incrible e asombrosa, con moito sufrimento polos constantes cambios na intensidade do vento, corrente, protestas, descartes e retiradas, ao termino da regata clasificatoria "Caixa Galicia do Club Náutico de Ribeira". Iñaki colocábase no 3º posto da clasificación para sorpresa do resto do equipo que asistiu á regata.< O equipo estaba composto por Francisco Canosa, Manuel Marcote, Marcela Corbelle, Cristina Fernández e Iñaki Coronilla, o máis novo do equipo.

Como detalles, que simplemente aumentan a épica do cativo, sinalar que as probas ribeirense celebradas os días 6 e 7 de Febreiro tiveron condicións meteorolóxicas moi cambiantes pasando do adiamento por pouco vento á retirada dos deportistas da categoría "C" por superarse os 15 nós de vento.

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com