Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A concordia entre a potencia de interrogar e a potencia de vivir   Correo-e
martes, 09 de febrero do 2010
  • Javier Turnes:Image

Profesor[?] de Filosofía, Músico[?] Escritor[?] … acaso unha constante deriva a través do ocurrir. Devindo, buscando o feliz fracaso do encontro cunha identidade calsea. Un transitar entre a exterioridade dos acontecementos e a interioridade do destino. Un movemento que parece aludir á conquista heroica da potencia dos afectos e a esa experiencia perdida que escoita a tranquila presencia das cousas. A Costa da Morte é agora o territorio desa exposición ó querer vivir, así como o da búsqueda dunha comunidade que falta.


Según Spinoza, a concordia era un dos afectos máis valiosos. Un afecto fundamental para a existencia política, sen dúbida, para a posta en xogo do que a vida humana ten de común. Mais tamén, un afecto sinalado nesa existencia tamén complexa, tamén sen equivalencia que ten que ver co noso ser máis íntimo, co noso quefacer do día a día na soedade inhóspita dese discurrir do tempo, da memoria: coa ética. Os estoicos falaban da exterioridade dos acontecementos e da interioridade do destino.

Concordia ten unha textura musical. Con-corde, soar en harmonía, en unión. Manter unha certa univocidade no ocurrir, se ben isto pode ter lugar por camiños diversos, de diversos modos, escalas, gradacións. 

O problema da concordia entre a potencia de interrogar e a potencia de vivir alude, pois, a un certo unísono entre dous poderes que agocha ese ser que denominamos humano. Dous poderes que se separan e se unen, dous poderes que evocan o saber segredo da faceta máis propia dos homes: a capacidade de saberse inacabado e tentar cara o que aínda non se ten, cara a apropiación do sentido irremediable da vida, a través da búsqueda, do movemento, da diferencia; e, por outra banda, a capacidade de estar, de quedar sorrindo no lugar, seguindo as reglas dun xogo que nada persegue máis aló do instante.  

Unha tarefa parece requerir da soedade, da concentración e a espera inestable cara un cambio que de seguido parece a piques de producirse, para arroxar algunha luz, algunha idea sobre a inquedante presencia das cousas; a outra tarefa, quizáis aínda máis difícil, ter a templanza de manterse no xogo, no goce coma –naquela magnífica metáfora nietzscheana tantas veces aludida- un neno que constrúe castelos na area, indiferente ó movemento das ondas que o van desgastando ata facelo desaparecer: gozar verdadeiramente dos bens que ofrece a vida. 

Saber e desexo. Sísifo e Orfeo. Preguntar e vivir. 

  • Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.com)

Escarpaduras anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com