Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Costa escoitou as 55 mentiras sobre o galego  Correo-e
martes, 09 de febrero do 2010

Image

Londres, Bos Aires ou Lisboa foron algúns dos máis de 100 lugares onde se presentou este libro editado pola editorial ProLingua. En total, calculan que unhas 4.000 persoas en todo o mundo participaron nestas sesións. E por unha vez a Costa da Morte tamén estivo presente. Lira, Carballo e Baio acolleron sendas presentacións, do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinado por Xosé-Henrique Costas. As sesións redundaron en todas esas falacias que fan da loita por manter unha ligua e unha cultura unha amenaza case terrorista demostrando de novo que o país quere vivir en galego.

Vemos na foto a presentación que tivo lugar o pasado venres 5 de febreiro en Baio, na que participaron Ricardo Vigueret (profesor de historia no IES de Baio), Teresa Castro (médico en Vimianzo) e Antonio Díaz Amor (profesor de Filosofía no IES de Baio). Unhas 80 persoas acodiron á presentación.

Tamén na Confraría de Pescadores de Lira acolleron a presentación, coa colaboración das asociacións culturais Canle de Lira, Xurde Caldebarcos e Pindo Mariño, Na sesión carnotá foron Mercedes Díaz Mayán, Belén Campos e Francisco X. Fernádez Naval os que aportaron as súas ideas.

Tamén Carballo acolleu a cita, contando coa Coordinadora da sección Bergantiños - Costa da Morte da Plataforma Queremos Galego, o mestre Xan Fernández Carrera (no centro) e Farruco Fraga.

Image 

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de Baio cedida pola Coral Xan Mella de Baio.
  • Fotografía de Carballo de prolingua.org.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com