|
Hoxe, martes, concerto didáctico na Escola de Música de Cee |
Correo-e
|
|
martes, 09 de febrero do 2010 |
|

Os alumnos da Escola Municipal de Música de Cee (dos que vemos na Clausura do curso pasado) contarán cun concerto didáctico a cargo de dous mestres da Orquestra Sinfónica de Galicia. A actividade terá lugar no salón de Actos do Concello de Cee hoxe martes, 9 de febreiro ás 19.00 horas. Dúo - David Villa naceu en Barcelona. É asistente de principal na Sinfónica de Galicia dende Abril de 2009. Finalizou os seus estudos de grao superior no Musikene de Donosti no 2007 cos profesores Juan Manuel G. Lumbreras e Manuel Angulo. Máis adiante ampliou os seus estudos na Hanns Eisler Hochschule de Berlín con Dominik Wollenweber. Foi membro da JONDE.
- Álex Salgueiro naceu en Madrid e medrou en Terrassa. Traballa como co-principal na Sinfónica de Galicia dende 2006, aínda que acadou a titularidade no 2008. Nese mesmo ano graduouse na ESMuC onde estudou cos profesores Josep Borràs, Bernardo Verde, Giorgio Mandolesi e David Tomàs. Foi membro de diversas orquestras novas, tales coma JONC, IRO a JONDE a e EUYO.
Programa - Instrumentos: Óboe, Corno Inglés e Fagot.
- Presentación: as lingüetas, partes e outras peculiaridades.
- O seu carácter na música orquestal: exemplos musicais de pasaxes orquestais ben coñecidos
- Quenda aberta de preguntas.
- Para rematar algo de música de cámara: O Concerto Real de François Couperin.
Obradoiro de Decoración de Tellas Añinda está aberto o prazo para inscribirse o obradoiro de decoración de tellas que se realizara no Centro Social de Cee e nas parroquias de Pereiriña, Brens, Lires e Toba. Comezará en febreiro e terá unha duración de dous meses. Ten un Prezo de 6 €/persoa. Máis Información e inscrición nas oficinas de Benestar e Igualdade, no Concello de Cee. Novas relacionadas Fonte
|