Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Seminarios para emprendedores contra a crise  Correo-e
martes, 09 de febrero do 2010

O Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo, en colaboración con BicGalicia do IGAPE, organiza para os meses de marzo e abril 3 seminarios encamiñados ó emprendemento. Uns cursos que pretenden servir de fonte de información para os emprendedores de cara ao mellor aproveitamento dos recursos económicos dispoñibles a través dos GAC e os GDR.

A creación de empresas é unha maneira de poñer en valor os recursos humanos e o potencial dos territorios. Nestes momentos, a Costa da Morte é beneficiaria de fondos comunitarios, principalmente a través dos Grupos de Acción Costeira e dos Grupos de Desenvolvemento Rural, que poden facilitar recursos ós emprendedores.

ObxectivosImage

Con estes tres seminarios búscanse tres obxectivos:

  • 1. Fomentar a cultura emprendedora, que a poboación activa vexa na creación de empresas unha via laboral
  • 2. Descubrir, madurar e avaliar ideas empresarias.
  • 3. Elaborar o plan de empresa.

Máis información e inscrición

  • Rosa Mª Sánchez Martínez. Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local: Tel.: 981 716 001.

Seminarios

Seminario para a motivación emprendedora

  • Data: 2 de marzo
  • Horario: De 10:00 a 14:00
  • Duración: 3 horas
  • Contidos:
    - A figura do emprendedor
    - A idea de negocio
    - A posta en marcha
    - Intervención dun emprendedor local.

Seminario para a xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais

  • Datas: 13, 20 e 27 de marzo
  • Horario: De 9:00 a 14:00
  • Duración: 25 horas
  • Contidos:
    - Xeración de ideas
    - Maduración de ideas
    - Avaliación cualitativa de ideas empresariais.

Seminario para a creación de novos proxectos empresariais

  • Data: 30 de marzo, 5, 6, 7, 8, 12, 13, 19, 20, 21, 26 e 27 de abril.
  • Horario: De 9:00 a 14:00
  • Duración: 35 horas aproximadamente
  • Contidos:
    - Entrevista de avaliación;
    - Emprendedor e empresa;
    - ámbito de actuación da empresa;
    - Os procesos e a organización interna;
    - Avaliación da memoria descritiva do proxecto;
    - Viabilidade económica e financieira da empresa;
    - Avaliación do plan económico financieiro;

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Rosa María Sánchez Martínez, do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com