Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Reseña: Mar de ausencias, de Modesto Fraga  Correo-e
miércoles, 10 de febrero do 2010

Xoán Silva Pazos:Image

  • "Como referente cultural e literario fundamental no País, a Costa da Morte nunca calou a pesares do escuro esquecemento ao que se viu sometida ó longo dos séculos. Nesta costa asoballada pola dor e o silencio, as verbas dos poetas soan libertadoras, quizais porque son fillas do Océano que as enxendrou. Ese é o sentido desta columna, o de traer á superficie, dende a miña ollada de fisterrán e filólogo en potencia, o son co que se elevan as voces dos escritores da nosa comarca. Trátase dunha homenaxe, en definitiva, ás nosas letras: berros de salitre que soan na Historia como cando ronca o vendaval entre os penedos".

A figura de Modesto Fraga é ben coñecida na nosa comarca, tanto pola súa inxente obra poética, coma pola súa intensa actividade cultural no entorno da comarca e mesmo do país enteiro. Coma moitos, o seu nome vai inherentemente ligado ó do Batallón Literario da Costa da Morte, do cal foi membro fundador alá polos noventa. Dende aquela, este fisterrán de pro non deixou nunca de lado a creación literaria e o compromiso cultural, converténdose nun dos persoeiros máis importantes da literatura galega actual e pertencendo á AELG e ó PEN Clube Galicia.

Nesta sección xa falaramos del con motivo daquel artigo en torno á antoloxía poética De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte. É de recibo volver a nomealo, pois no pasado ano 2009 recibiamos a gratificante noticia da reedición dunha das súas obras máis aclamadas. Estou a falar daquel clásico da literatura costeira que é Mar de ausencias, unha obra que, na súa primeira edición de 1999, contaba cunha calidade editorial bastante deplorable, o que non impediu o seu recoñecemento co premio Francisco Añón de poesía.Image

Desta volta preséntasenos unha auténtica “(re)elaboración”, en palabras do autor, que inclúe inxentes novidades a destacar. En primeiro lugar, nesta nova edición de Follas Novas (integrada na colección Libros da Frouma), inclúense poemas inéditos, alén de fermosas ilustracións de Javier Campaña que renovan por completo a face desta nova edición. Ademais, cada poema vai acompañado dunha referencia espacial concreta en forma de cordeada xeográfica. Isto, segundo o autor, serve para unir a linguaxe lírica e literaria á realidade material e específica de cada composición.

Polas veas de Mar de ausencias corre o salitre na súa esencia máis pura, pero o autor diríxeo cara a un obxectivo máis concreto: o de homenaxear coa súa verba ensalitrada ós homes e mulleres do mar. Coma el mesmo di na súa adicatoria: “Aos homes e mulleres de Fisterra, mar e terra que nos é común”.

Falar de Mar de ausencias é, polo tanto, falar de Fisterra, pero desa Fisterra viva que sentimos de cotío polas rúas, no porto, nas tabernas, na lonxa e, sobre todo, nos barcos. A fermosura da homenaxe faise latente ó escoitar, a través de Modesto, ese berro xordo que caracteriza ós homes e mulleres da nosa costa, un berro de dor e de esquecemento que fai tremer os cons dende as chalanas. Por iso, o concepto de naufraxio está tan presente en Mar de ausencias, e quizais sexa o seu mesmo título unha referencia a esta idea. O naufraxio coma triste emblema da nosa escura identidade, o naufraxio coma bandeira poética do sufrimento dos mariñeiros de Fisterra, e das mulleres que os acompañan dende terra. Ten por iso cada poema un forte sentimento de arraigo, quizais de nostalxia, pola verdade que arrastra o esquecemento. Esa verdade do mar que nos une, coma fisterráns, inherentemente á terra, a través dese cordón umbilical do que xa falara Miro Villar, e que nos transforma en mistura de océano e granito.

Non hai lugar para o eufemismo nin para o disfrace na poesía de Modesto Fraga. Hai verdade, contundencia, berro e sobre todo dor. Hai moito de amargura e crepúsculo en Mar de ausencias, un silencio xordo e sobrio que transforma cada poema nun trago insoportablemente lúcido de salitre. I é precisamente isto o que move a forma literaria e a linguaxe desta obra. Vemos na súa composición moito desa sobriedade ben entendida que tanto caracteriza a obra de Modesto Fraga, unha mistura de formas clásicas (un traballo especialmente destacable o dos seus sonetos) e de versificación libre que permite crear a variedade necesaria para arrastrar ó lector cara ós escuros camiños do océano. Trabállase moito coa personificación e co símil anatómico, nun logrado intento de transmitir a idea do mar como extremidade e continuidade na vida do mariñeiro. Esta idea aplicada á realidade cotiá de Fisterra, auténtica extremidade do continente, tórnase poderosamente suxerente.

Por suposto, debemos entender Mar de ausencias como un todo, algo que xa se deixa claro dende o primeiro e que esta nova reedición axuda a asimilar. A inclusión de novos poemas, coma os adicados ós náufragos do Isleña, o Begoña ou o Bonito (“brindando pola morte/perecían/cun trago de salitre, o derradeiro”) non fan senón potenciar a idea de unidade no seo do poemario.

Persoalmente, considero que a reedición de Mar de ausencias axuda sobre todo a elevar –aínda máis, se cabe- esta obra coma un dos grandes clásicos da literatura da comarca e, por suposto, do país. A súa potencia evocadora e a súa inimitable fermosura transforman as súas páxinas nun viaxe do que ninguén debería desligarse, polo ben da nosa cultura, da nosa identidade e da nosa literatura.

Quixera rematar esta reseña coma o fago sempre, cun dos poemas que aparecen na obra; e desta volta podo dicir, sen medo a equivocarme, que se trata do mellor poema do autor (na miña humilde opinión, por suposto). Así, déixovos coas verbas libertadoras de Modesto Fraga:

 

Mar de Fóra

IN: 42º 54, 48’ / LW: 009º 16, 57’

 

En Mar de Fóra
a penas se percibe a luz do día  

e o frío arde
nos tombos da mudez máis arraigada  

e todo fica estraño
e silencioso

 

como unha sombra
enxoita de paisaxes.

 

En Mar de Fóra
adoito se mesturan
as artes do tributo máis efémero:

 

herdanza de salitre
-a nosa-
de homes e mulleres salitrosos

 

porque levamos no silencio
o rostro e a palidez salgada do traballo

 

ese traballo inxel
de remendar nas redes do encaixe máis absurdo.

 

En Mar de Fóra
as redes son o berce
onde aniñamos, nós,
alén da luz escura
que nos sinala o día.

 

  • Xoán Silva Pazos (xoanspazos[arroba]quepasanacosta.com).

Máis información

Colaboracións anteriores en "Cando ronca o vendaval"

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com