Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG de Cee pide que o concello non venda as vivendas de Protección Oficial  Correo-e
jueves, 11 de febrero do 2010

O pasado mes de xaneiro pedíalle o Asemblea do BNG de Cee ao goberno local que "recapacirtara e reconsiderara a venda das dúas vivendas de protección oficial que o concello posúe no paraxe coñecido como os Carballos". O BNG non entende que o goberno local as venda, esgotando o patrimonio do concello.

A pesar das protestas, este pasado 8 de febreiro a venda destas dúas propiedades saiu publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP), cun prazo de 15 días para a presentación de solicitudes. Así pois, "de reconsideración, nada de nada", denuncian dende a oposición.

O BNG de Cee é contrario á venda destas propiedades, porque "poden ser necesarias en calquer momento para acoller a persoas que sufran calquer tipo de desgracia: na súa vivenda (a consecuancia dun temporal, inundación,…), para acoller a mulleres víctimas da violencia de xénero ou calquer outra circunstancia".

Ademáis, segundo o BNG "o procedemento de venda non é todo o transparente que debera. Cremos que o goberno local debería ter publicado un bando municipal e unha nota de prensa informando da venda, para que a información chegue a maior cantidade de xente posible".

Tamén afirma o BNG que estes "non foron o único ben que o goberno municipal sacou á venda nos últimos días. No BOP do 9 de febreiro tamén aparece a venda dunhas parcelas de propiedade municipal no lugar de Bazarra, en Cee".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com